O Lugo suma pero deixa escapar dous puntos

Un gol do Sevilla Atlético no tempo engadido, tralo golazo de Ignasi Miquel, impediu a vitoria do equipo lucense no Sánchez Pizjuán. O Lugo suma 36 puntos e tres xornadas sen perder. O vindeiro venres, no Anxo Carro co Elxe.

Por gcdeportes | Lugo | 11/02/2017 | Actualizada ás 08:41

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Sevilla Atlético 1:
Caro; Carmona, Diego, Bernardo, Matos; Fede San Emeterio, Yan Brice (Curro, 71’), Cotán (Aburjania, 81’); Ivi, Pozo e Carrillo (Marc Gual, 67’).
CD Lugo 1: Xose Xoan; Jordi Calavera, Carlos Hernández, Ignasi Miquel, Serge Leuko; Seoane, Sergio Gil (Pablo Caballero, 86’); Iriome (Damià, 75’), Campillo, Fede Vico (Carlos Pita, 56’) e Joselu.
Goles: 0-1: Ignasi Miquel (minuto 66). 1-1: Marc Gual (91’).
Árbitro: Medié Jiménez (catalán). Amarelas aos locais Bernardo (40’) e Pozo (85’) e aos visitantes Carlos Pita (74’) e Serge Leuko (89).
Incidencias: partido da 25ª xornada de Segunda División disputado no estadio Ramón Sánchez Pizjuán ante preto de 2.000 espectadores.

Os xogadores lucenses celebran o gol de Ignasi Miquel.
Os xogadores lucenses celebran o gol de Ignasi Miquel. | Fonte: lfp.es

Como tantas outras veces, o Lugo non pechou o partido e escaparonselle puntos no último suspiro. Xose Xoan apenas tivo que intervir en todo o partido, pero o Sevilla Atlético marcou no minuto 91 cando os galegos xa festexaban a terceira vitoria a domicilio e os de Luis César deixáronse dous puntos que lle terían dado un salto importante na zona de ascenso. O equipo lucense segue sexto con 36 puntos, á espera do que pase no resto da xornada. A vindeira cita, de novo venres, co Elxe no Anxo Carro.

Posesión repartida e sen grandes ocasións na primeira metade. O Sevilla Atlético semellaba saír máis decidido a polo gol, pero a defensa lucense apenas pasou apuros. A única dos locais chegou mediado o primeiro tempor, tras unha xogada pola esquerda e un disparo de Cotán que se foi desviado. Tivo o Lugo un par de oportunidades antes do descanso, as dúas coa testa, primeiro Ignasi Miquel e despois unha de Carlos Hernández que saiu rozando o traveseiro.

Os locais dominaron no arrinque do segundo acto, e axiña Luis César trocou o guión coa entrada de Carlos Pita por Fede Vico. Xose Xoan tivo que desviar a córner un centro-chute de Ivi que se coaba na súa portaría. Á saída do lanzamento dende o curruncho, golazo do Lugo: veloz contragolpe, Pita lanza a Campillo, que mete un pase maxistral ao central Ignasi Miquel, quen marca coa zurda nunha definición propia dun dianteiro de calidade.

O 1-0 obrigaba o Sevilla Atlético a buscar o empate, pero apenas creou perigo e deixaba espazos ás súas costas, e foi Campillo quen puido sentenciar o encontro, pero Caro detivo o seu disparo. Entraron Damiá e Pablo Caballero e o Lugo tiña tres puntos no peto que semellaban non perigar. Pero no tempo engadido, centro dende a esquerda mal despexado pola defensa lucense e Marc Gual aproveita para facer o 1-1 definitivo. Mágos dos dous puntos que quedaron no Pizjuán.

Ledicia dos lucenses co 0-1 de Ignasi Miquel.
Ledicia dos lucenses co 0-1 de Ignasi Miquel. | Fonte: lfp.es
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta