Temas: RAJOY PP

Rajoy é reelixido presidente do PP cun 95,65 por cento dos votos

O presidente do Goberno central renova a presidencia no XVIII Congreso do Partido Popular.

Por E.P. | Madrid | 11/02/2017 | Actualizada ás 21:33

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Mariano Rajoy, foi reelixido hoxe como presidente do PP, por cuarta vez, co 95,65 por cento dos votos emitidos no XVIII Congreso do Partido Popular.

Mariano Rajoy, no XVIII Congreso do Partido Popular
Mariano Rajoy, no XVIII Congreso do Partido Popular | Fonte: PP.

A candidatura do dirixente pontevedrés ao Comité Executivo Nacional recibiu o apoio de 2.530 votos dos 2.645 votos válidos que se emitiron. Isto supón o 95,65 por cento. Tamén se rexistraron 115 votos en branco e 14 nulos.

A candidatura da Xunta Directiva Nacional tamén foi proclamada co 95,65 por cento dos votos ao apoiar a lista de Mariano Rajoy un total de 2.529 compromisarios, dos 2.641 que emitiron voto válido. Os votos en branco foron 12 e os nulos, 17.

Temas: RAJOY PP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Guillerme Gintonic

Parecía un congreso á búlgara como os do BNG-UPG-CIG

1 anti-expañolentos

e un digno representante da CLASE MEDIA, e creo que con elo xa o digo todo.... polo outro lado quen o meteu no poder saca o 64 por cento das votacións o inicuo politicolo Waldo das jons... si o merdeiromarexado (fixo moita merdamareada ou non) chamado pablerias... deberían investigar neste segundo caso o do voto telemático, existen bule-bules malintencionados seguramente, que falan dun ordeador quente no feudo de reborainas que envio 69 votos o palbeiras... de todolos xDtontorrons militantes de anovados .... QUE BONITO O ESCENARIO DO PP COMO SE VEN OS 30 ANOS DE FINANCIACIÓN ILEGAL ... L>ADRONS!!!! PP-ORCOS pp -orcos... orcos!!!