Beiras, Noriega e Villares aplauden o debate en Podemos

Os socios galegos do partido morado felicitano pola Asemblea de Vistalegre. Beiras vai un paso máis alá e aplaude a Iglesias, por "manter o seu liderado".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2017 | Actualizada ás 10:16

Comparte esta noticia

O coportavoz de Anova e histórico dirixente do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras, felicitou ao secretario xeral de Podemos, Pablo Iglesias, por "manter o seu liderado" logo de que a súa lista se impuxese á de Íñigo Errejón nas eleccións ao Consello Cidadán Estatal da formación morada.

Asemblea de Podemos en Vistalegre
Asemblea de Podemos en Vistalegre

A través dunha mensaxe na súa conta de Twitter publicado na tarde do domingo, Beiras tamén trasladou a súa felicitación ao conxunto de Podemos por "manter a unidade na diversidade e no rumbo correcto".

"Felicidades a Pablo Iglesias por consolidar o seu liderado e a Podemos por manteren a unidade na diversidade e no rumbo correcto", di a mensaxe de Beiras.

A lista encabezada por Pablo Iglesias impúxose á do secretario político, Íñigo Errejón, logrando colocar a 37 persoas na nova dirección fronte ás 22 que conseguiu situar Errejón e aos dous conselleiros de anticapitalistas.

VILLARES FALA DUN "SOÑO COMPARTIDO"

Na mesma liña expresouse, tamén a través das redes sociais, o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, quen tamén felicitou a Iglesias. "Con unidade, o soño compartido dun país xusto para as maiorías sociais é hoxe máis real", escribiu o maxistrado en excendencia na súa conta de Twitter.

NORIEGA CRE QUE PODEMOS "PECHA UN DEBATE"

Pola súa banda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, manifestou que, coa celebración da súa asemblea estatal, a formación morada "pecha un debate lexitimamente" e mostrou a súa confianza en que "a partir de agora" póidase "seguir avanzando no proceso de construción de unidade popular", tanto a nivel estatal como galego.

"Podemos ten unha centralidade no proceso de unidade popular e ese é o camiño", indicou Noriega, para o que a formación morada actuou "con xenerosidade" nese proceso, que en Galicia é "propio, aínda que sexa colaborativo con outros procesos do Estado".

Para o rexedor compostelán, que tamén é coportavoz de Anova, formación integrada xunto a Podemos e outras forzas no partido instrumental En Marea; o debate interno "mentres sexa político, é positivo".

"Logo temos a outra cara da moeda, outro debate que non existe, que é o do PP, que o único que están a facer é tentando clarificar que clase de paxaro teñen no logo. O debate nunca é negativo se é político, de proxectos e fáise dunha maneira transparente", manifestou, en declaracións aos medios antes de participar nun acto en Santiago en homenaxe a Fermín Bouza Brey.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

3 Fan a campaña o PP

qué debate? choy de Pablete, choy de Errejón the kid? vaia panzismo mais descarado do Marqués da Rabaneira e os seus mariachis. Triunfaron as teses da aboa Maruja, nova musa hoxe da pijo progresia española, coma a aboa rockera foi dos seus país, na era Tierno narcotizada de "a colocarse y al loro" : Dí Maruja: "con los problemas que tene la gente...teneis que hacer las paces y llevarse bien". A política feita populismo autista de patio de luces, onde non fallaron as bagoas, coma todo bó culebrón, e as amezas, coma Felipe X. de ou gaño ou me vou.

1 Xanti

Teño curiosidade por saber de onde ven a insistencia en empregar o termo mariachi como despectivo nas conversas en galego xDDDD

2 Asquerosa patera

Que grandes vasalos se tiveran bo señor.

1 4000 euros máis chofer

Gracias don Pablo para lo que ustez guste mandar don Pablo aquí un amigo un siervo un esclavo don Pablo.

1 prá casa

Perdoa, pero estás discriminando á secretaria ou secretario, servente distinto do chauffeur. A ver se dimiten ó ananiño dunha vez e alguén con máis altura toma o mando disto.