Els Joglars reflexionan sobre os medios en dúas actuacións en Galicia

O martes 14 e o mércores 15 de febreiro estarán no Teatro Afundación Vigo. A Sede Afundación Pontevedra recibirá a Els Joglars o xoves 16 de febreiro.

Por GC Tendencias | Vigo | 13/02/2017 | Actualizada ás 10:51

Comparte esta noticia

O Teatro Afundación Vigo acollerá o martes 14 e o mércores 15 de febreiro ás 20.30 h a obra Zenit: la realidad a su medida de El Joglars. O xoves 16 de febreiro, ás 20.30 h, será a quenda da Sede Afundación Pontevedra. As entradas para estes espectáculos están dispoñibles a través das canles habituais da entidade, por exemplo en Ataquilla.com. 

Els Joglars
Els Joglars

A nova proposta do emblemático grupo catalán Els Joglars é Zenit: la realidad a su medida, de Ramon Fontserè e Martina Cabanas. A obra amosa o desenvolvemento dun gran xornal, Zenit. Observamos con detalle as súas oficinas, o día a día dos xornalistas, as amizades e obrigas dos seus propietarios, o enfrontamento entre o xornalismo ético e a voracidade do medio. A súa cota de poder e influencia é proporcional ao número de vendas, e para iso non se dubidará en manipular, filtrar ou retocar a realidade.

O elenco está formado por Ramón Fontserè, Pilar Sáenz, Dolors Tuneu, Xevi Vilà, Julián Ortega e Juan Pablo Mazorra.

Tags: #Teatro
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta