Temas: CELTA

Rueda di que lle gusta que gane o Celta logo de retuitear comentarios ofensivos de Pedrerol

"Creouse unha polémica absurda e non vou contribuír a alimentala", di sobre o tuit do presentador de El Chiringuito, de La Sexta, no que se mofaba do alcalde vigués tras a derrota do Celta co Alavés.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2017 | Actualizada ás 17:25

Comparte esta noticia

O vicepresidente da Xunta e presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, deu por resolta a polémica que se creou por mor de que retuitease unha mensaxe en internet do presentador de El Chiringuito, de La Sexta, Josep Pedrerol, tras a eliminación do Celta de Vigo na Copa do Rei. Nese tuit, o xornalista se mofaba do alcalde da cidade olívica, Abel Caballero. "Creouse unha polémica absurda e non vou contribuír a alimentala", sentenciou.

Alfonso Rueda nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta
Alfonso Rueda nunha rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta | Fonte: xunta.es

Preguntado este martes por se se arrepentía de difundir o tuit do xornalista, Rueda manifestou que, o que considera, é que "se creou unha polémica un tanto absurda" e que el tentou "explicalo inmediatamente".

"Creo que o fixen e, do que non hai dúbida, por encima de todo, é que a min me gusta que gañe o Celta, que ademais está a xogar bastante ben ultimamente", aseverou Rueda, quen remachou: "Creouse unha polémica absurda e o que non vou facer é contribuír a alimentala máis aló do que xa se produciu".

Finalmente, e sobre as acusacións que recibiu por parte do goberno local de Vigo, que preside Abel Caballero, Alfonso Rueda manifestou que o rexedor vigués "en canto pode, fai uso político de todo".

Ademais dese tuit ofensivo, Pedrerol utilizou o seu programa para mofarse do celta e do rexedor vigués e suliñou que, tras as declaracións de Abel Caballero logo da supresión do partido de Balaídos, "todos los madrilistas querían que perdiera el Celta".

Temas: CELTA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Temosquecambiardexente

O lema do Celta é noble xogo, xusto o contrario ca iste individuo