Rexistrado un terremoto de 3,2 graos fronte a costa galega

Este martes pola mañá rexistrouse un sismo no Cantábrico, a uns 51 quilómetros ao Norte de Estaca de Bares.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2017 | Actualizada ás 17:58

Comparte esta noticia

Este martes pola mañá rexistrouse un terremoto de 3,2 graos na escala de Richter no Cantábrico fronte á costa galega, a uns 51 quilómetros ao Norte de Estaca de Bares.

Epicentro do terremoto de 3,2 graos na escala de Richter rexistrado fronte a costa galega
Epicentro do terremoto de 3,2 graos na escala de Richter rexistrado fronte a costa galega | Fonte: Instituto Geográfico Nacional.

Segundo confirmaron fontes do Instituto Geográfico Nacional, o sismo rexistrouse ás 10,18 horas deste martes e o epicentro tivo lugar a uns 12 quilómetros de profundidade no mar Cantábrico.

As mesmas fontes do Instituto Geográfico Nacional concretaron que non teñen constancia no centro de que "fose sentido" en terra.

Nesta liña, fontes do CAE 112 Galicia sinalaron que o servizo de emerxencias tivo constancia do tremor con epicentro a "51 quilómetros ao Norte de Estaca de Bares", pero non recibiu chamadas de particulares respecto diso.

Tags: #Terremoto
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta