Temas: PREFERENTES

A Coordinadora Galega de estafados por preferentes acusa ao Goberno de “traizoar a miles de familias”

O Executivo de Mariano Rajoy vetou en Madrid unha proposición de lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego para que todos os afectados de preferentes recuperasen o total dos cartos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/02/2017 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A Coordinadora Galega de persoas estafadas polas preferentes e subordinadas emitiu un comunicado no que reproba que o Goberno que dirixe Mariano Rajoy vetase en Madrid unha proposición de lei aprobada por unanimidade no Pazo do Hórreo para que todos os afectados recuperasen o seu diñeiro.

Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior
Protesta dos afectados polas preferentes contra Rajoy e o PP en Soutomaior | Fonte: Miguel Núñez.

Nesta conxuntura, a plataforma definiu a actitude do PP na Cámara autonómica como "un lavado de cara". Así, lembrou que, cando o PP levou a proposta a unha comisión no Congreso, esta foi "rexeitada pola maioría absoluta dos populares".

"E onte repetíase a historia. Unha vez máis (o Goberno do PP) ponse do lado dos estafadores e traizoa a miles de familias negándolles a posibilidade de recuperar os seus aforros", lamentou, antes de incidir en que as plataformas que integran a Coordinadora xa non esperan "nada" dos gobernantes.

Temas: PREFERENTES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta