Temas: SAúDE INTERNET

Melanoma e flebite, as dúas enfermidades máis buscadas en Internet en Galicia

O estudo 'As enfermidades máis buscadas en 2016' inclúe en terceiro lugar o abuso sexual infantil.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2017 | Actualizada ás 12:20

Comparte esta noticia

Melanoma —considerado o cancro de pel máis estendido— e flebite —inflamación das veas que adoita ir acompañada de coágulos de sangue no interior destas— son as dúas enfermidades máis buscadas en Internet en Galicia en 2016, segundo a análise dos hábitos de consulta elaborado por Doctoralia.

Navegando por Internet
Navegando por Internet | Fonte: Universidade de Navarra - Flickr.

En concreto o estudo 'As enfermidades máis buscadas en 2016' correspondente a Galicia inclúe en terceiro lugar o abuso sexual infantil, seguido de fracturas por compresión vertebral ou esmagamento vertebral, gastroparesia e apendicite.

En sétimo lugar na lista de enfermidades máis buscadas en 2016 en Galicia sitúase o Parkinson, seguido de halitose, ovarios poliquísticos e policitemia.

O doutor Frederic Llordachs, cofundador de Doctoralia, destaca que "en España a busca de información relacionada coa saúde a través de Internet crece cada ano". "Non só por parte dos mozos, dos cales un 70 por cento así o fai, senón tamén por parte dos maiores de 65 anos, dos que se estima que un 55% deles infórmase online da súa patoloxía", segundo engade.

No caso de Galicia, un 60 por cento da poboación así o declara, segundo o estudo 'Os españois e o medicamento 2.0'. Por iso, considera "vital ofrecer ao usuario un espazo no que poida atopar información de calidade sobre temas de saúde, apoiada por profesionais no ámbito sanitario".

Temas: SAúDE INTERNET
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta