Temas: SERGAS

Villares: "Outra mentira máis, Feijóo prometeu que tería ao seu fillo nun centro público"

O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, afeou este mércores ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que recorrese a un hospital privado para que a súa compañeira dese a luz ao seu fillo, Alberto Nuñez Cárdenas, na Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2017 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

Durante unha visita a Lugo, Villares lembrou que o propio mandatario dixera "nun medio de comunicación" que tería ao seu fillo "nun centro público". "Pero que Feijóo falte á súa palabra é algo que non nos sorprende", subliñou.

Maternidad Belén na Coruña
Maternidad Belén na Coruña | Fonte: Hospital Modelo

"É algo ao que nos ten adoitados", incidiu, para facer alusión así a que "tamén o AVE ía chegar en 2018" e a que "tamén a AP-9 ía ser galega". "En fin, unha mentira máis non é algo que nos sorprenda", resolveu.

Alberto Núñez Cárdenas naceu na Maternidad Belén de A Coruña. A parella, Eva Cárdenas, directiva de Inditex, de 51 anos, ingresou a primeira hora da mañá  nesta  clínica privada herculina propiedade do grupo HM, empresa de capital madrileño que se fixo tamén con centros como La Rosaleda e La Esperanza en Santiago ou Modelo na Coruña.

Segundo a Ser, fontes próximas ao presidente dixeron aos medios que acoderon a esta clínica porque alí traballa o xinecólogo de Eva Cárdenas. O embarazo, debido a súa idade, estaba declarado de risco.

Feijóo e Rajoy coas súas parellas
Feijóo e Rajoy coas súas parellas | Fonte: EP
Luís Villares, no Parlamento galego
Luís Villares, no Parlamento galego | Fonte: Europa Press.
Temas: SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 de chovinista a machista

Cando Feijoo teña a capacidade fisiolóxica de parir, eu serei a primeira que lle esixa que o faga na pública. Namentres tanto asisto atónita á cousificación dunha persoa (muller, para quen non me entenda) á que se lle priva de poder de decisión sobre unha actividade mundana que lle atinxe, o se parto, nin máis nin menos, que " tiene que ser como Villares le dice a Feijoo que tiene que parir ese semoviente hembra que tiene en su casa". Iste é o feminismo de Villares. A parella de Feijoo é unha pija forrada de cartos que nin se lle pasa pola cabeza misturarse co populacho nunha habitación compartida da públixa porque ingresa máis nun ano que Feijoo por tódolos seus salarios públicos oficiais durante unha década ou dúas. Pero o parto é dela. E ela decide onde e como.

2 Que dis pobre

Pero Billares se ti es sucesor designado de Beiras que se operou na privada home

1 Galiza non e expaña

a min a vida privada do presi... frijoles importame ben pouco... onde teña o fillo e cousa del e da parturienta... tivo varias noivas... o mellor o fillo e dun gol en fora de xogo... en canto o do AVE o XUIZ VILLANO TRABUCASE TOTALMENTE os pepeiros dixeron que o AVE chegaria no 2008, xa nos tempos do ogro fragandron e despois dixeron que blindaban a chegada do AVE o frijoles pero resultou ser todo outra mentiras mais... O AVE TARDE, MAL E ARRASTRO, MAIS A ENGADIDA MASACRE CRIMINAL DE ANGROIS... aquí esta o que expaña fixo por Galiza, nada de nada, roubarnos e petarnos o bull... e o Villano falando de unidade de expaña en podreiros purgados de rejones ... non e un-ha purga convencional... e un infanticidio do neniño rejon o profesor black... aquí esta o autentico rosto sanguiñento de podreiros!!!!