De cando Feijóo presumía de que o mellor sitio para parir era a sanidade pública

Villares di que estamos ante "outra mentira máis" porque Feijóo prometeu na televisión de La Voz que o seu fillo nacería nun centro público. O BNG súmase ás críticas e persoeiros do PP denuncian machismo. Vídeo no interior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2017 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

O portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, afeou este mércores ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, que recorrese a un hospital privado para que a súa compañeira dese a luz ao seu fillo, na Coruña.

Durante unha visita a Lugo, Villares lembrou que o propio mandatario dixera "nun medio de comunicación" que tería ao seu fillo "nun centro público". "Pero que Feijóo falte á súa palabra é algo que non nos sorprende", subliñou.

"É algo ao que nos ten adoitados", incidiu, para facer alusión así a que "tamén o AVE ía chegar en 2018" e a que "tamén a AP-9 ía ser galega". "En fin, unha mentira máis non é algo que nos sorprenda", resolveu.

Reacción do BNG

Tamén a través de Twitter tivo unha reacción similar o BNG, que parafraseou, a modo de crítica, ao mandatario autonómico na mesma intervención á que se refería Villares. "Iso era en campaña (que o mellor sitio para dar a luz son os hospitais públicos), agora Feijóo prefire a privada?", apunta na súa conta nesa Rede.

Maternidad Belén na Coruña
Maternidad Belén na Coruña | Fonte: Hospital Modelo

As manifestacións realizadas polo portavoz parlamentario de En Marea foron censuradas por dirixentes populares, como o secretario xeral galego, Miguel Tellado, e a deputada autonómica Paula Prado.

Resposta de Tellado

"Lamentable @VillaresLuis con machismo repugnante sobre que o home debe impor á muller onde dar a luz e sen respectar nada", recriminoulle Tellado.

"Penoso @villaresluis non se lle ocorre nada mellor que dicirlle a unha muller onde debe dar a luz e facer partidismo con quen non está en política", reprochou, pola súa banda, Paula Prado.

A contorna do presidente bota balóns fóra

Segundo a Ser, fontes próximas ao presidente dixeron aos medios que acoderon a esta clínica porque alí traballa o xinecólogo de Eva Cárdenas. O embarazo, debido a súa idade, estaba declarado de risco.

Feijóo nunha entrevista en Vtelevisión
Feijóo nunha entrevista en Vtelevisión | Fonte: Juan Miguel Garrido
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

6 ton/o ás tres

Villares é o par*o da Marea. Ninguén puxo a cara para criticar a elección de clínica privada. Mira a Pontona, que o fixeron dende o tuiter anónimo oficial bloqueiro, porque a saber onde foi dar a luz ela e onde lle estuda/n o/a/s fillo/a/s. E mira os do PSdG, que teñen máis maldá ca ti, e quedaron calados. Ata te fixeron quedar de machista... Cambia de asesores home, se alguén quere asesorarte, claro. Ainda que se cadra dicir semellante cousa se lle ocurriu sozinho. Que pelijro ten, ló.

5 lavrego chungo

Xa llo dixo benedito a Sanchez noxo non se pode facer é o mesmo que se critica, e ti Anton tamen o fixeche

4 Yiri

Pois eu dos CIGarras parasitarios funcionarios poucos vexo na sanidade pública jajaja

1 jose

A ver homiño, calquetra que teña que ir a un especialista e si na publica tes seis meses de espera e tes un seguro privado, loxicamnete vas a privada, non vas a esperar seis meses porque se cadra xa estas morto, agora que se tes un problema serio a xente vaia publica, a operarse ou a tratamentos para o cancro ou outras cousas, iso no quita que defendas que non haxa mais recortes na publica, precisamente para que haxa menos listas de espera. Asi que non confundas allos con bugallos

3 Dalle que libras

Liberados da CIG-Ensino con Adeslas e Muface, acuden a Centros Sanitarios PRIVADOS a cada momento. Podo dar moitos nomes

2 de chovinista a machista

Cando Feijoo teña a capacidade fisiolóxica de parir, eu serei a primeira que lle esixa que o faga na pública. Namentres tanto asisto atónita á cousificación dunha persoa (muller, para quen non me entenda) á que se lle priva de poder de decisión sobre unha actividade mundana que lle atinxe, o se parto, nin máis nin menos, que " tiene que ser como Villares le dice a Feijoo que tiene que parir ese semoviente hembra que tiene en su casa". Iste é o feminismo de Villares. A parella de Feijoo é unha pija forrada de cartos que nin se lle pasa pola cabeza misturarse co populacho nunha habitación compartida da públixa porque ingresa máis nun ano que Feijoo por tódolos seus salarios públicos oficiais durante unha década ou dúas. Pero o parto é dela. E ela decide onde e como.

1 M. Meixide

Porque pode, decide porque hai clases: a inmensa maioria non ten poder para decidir, traga cos recortes na sanidade pública. Logo ti non defendes ás mulleres en xeral, defendes privilexios da casta, de clase... Que perdidiños andades no BNG para xustificar os señoritos, recollendo migallas do poder, tan apegados ao sistema que xa non diferenciades!!!