As pezas do Mestre Mateo, dixitalizadas en 3D

A Fundación Catedral de Santiago recrea en 3D varias obras nunha actuación vinculada á exposición 'Mestre Mateo no Museo do Pardo'.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2017 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

A Fundación Catedral de Santiago realizou a dixitalización e creación en tres dimensións de réplicas virtuais de pezas do Mestre Mateo, unha actuación vinculada á exposición 'Mestre Mateo no Museo do Pardo'.

Unha escultura do Mestre Mateo, dixitalizada en 3D
Unha escultura do Mestre Mateo, dixitalizada en 3D | Fonte: Fundación Catedral de Santiago.

Segundo informou a fundación, o obxecto deste proxecto é documentar o estado actual das pezas para que sirva de axuda na súa conservación, ademais da posibilidade de ser utilizadas para a divulgación das pezas orixinais mediante galerías interactivas 3D, vídeos, contido online ou publicacións.

Os traballos realizáronse a partir de máis de 2.300 fotografías e foron desenvolvidos pola empresa Dogram Enxeñaría de Documentación Tridimensional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta