Absolto dun delito de estafa un home que non devolveu a Abanca un crédito dun millón de euros

A Audiencia Nacional de Pontevedra decidiu absolver a un veciño de Lalín dun delito de estafa por non devolver a Abanca un crédito dun millón de euros concedido pola extinta Caixanova.

PONTEVEDRA | 15/02/2017 | Actualizada ás 20:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Audiencia Nacional de Pontevedra decidiu absolver a un veciño de Lalín dun delito de estafa por non devolver a Abanca un crédito dun millón de euros concedido pola extinta Caixanova.

No fallo constan como feitos probados a solicitude do préstamo e o compromiso de proceder á súa cancelación no momento en que a Xunta lle abonase o xustiprezo correspondente a unha expropiación.

Despois de que este home recibise os fondos a través dun cheque nominativo, procedeu a ingresalos noutra entidade sen comunicalo ao seu prestamista, ao entender --como el mesmo recoñeceu-- que unha sentenza en contra podería obrigarlle a devolver ese diñeiro.

Máis adiante, tamén segundo o admitido por el, ante as necesidades da súa empresa derivadas da crise da construción, utilizou esa contía para facer fronte a diversos pagos.

A pesar diso, a Audiencia non considera que se dean as circunstancias que rodean unha estafa, ao non existir unha estratexia predefinida, "sen prexuízo das consecuencias" que a falta de pagamento teña no ámbito civil.

PETICIÓNS DE FISCALÍA E ABANCA

No xuízo, a Fiscalía pedía para o acusado unha pena de prisión de 18 meses e unha indemnización para a entidade bancaria de case 1,9 millóns de euros máis intereses.

A acusación particular, exercida por Abanca, reclamaba tres anos e seis meses de prisión e unha multa de 27.000 euros. Así mesmo, solicitaba a devolución do millón de euros cos intereses acumulados desde a formalización do préstamo, en febreiro de 2008.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta