‘Feminazi’, unha curtometraxe galega sobre o feminismo en clave de humor

A guionista e xornalista Diana López dirixe esta obra transgresora sobre "o feminismo mal entendido". A produtora lanza unha campaña de crowdfunding na plataforma Verkami para acadar financiamento.

Por GC Tendencias | Santiago de Compostela | 16/02/2017 | Actualizada ás 13:39

Comparte esta noticia

'Feminazi' é unha produción audiovisual dirixida pola guionista, escritora e bloguera Diana López, a cal se enfronta á súa primeira dirección dunha obra cinematográfica. Actualmente, o proxecto atópase en fase de financiamento e preproducción, polo cal, a produtora lanzou unha campaña de crowdfunding na plataforma Verkami. En menos dunha semana, recadaron máis de 800 €. O obxectivo para completar o orzamento son 3.000 €, que serán destinados a aluguer de equipos, gastos de produción e os salarios dos traballadores do proxecto.

Diana López, autora de 'Feminazi'.
Diana López, autora de 'Feminazi'.

Diana López Varela é a autora da obra de teatro breve 'No es país para coños' e escribiu o ensaio feminista do mesmo nome, do cal xa saíu a súa terceira edición. Entre os seus traballos como guionista destacan 'Memorias dun home en pixama', a longametraxe 'El alcalde', o documental de Canal + 'Explosión de series' e dúas longametraxes en República Domininacana, entre outros. Farta de que lle digan cousas como "es extremista" ou "feminismo e machismo son o mesmo, pero ó revés" cada vez que defende os intereses das mulleres, a autora crea esta parodia para advertir sobre os potenciais perigos dunha conversión das mulleres ao feminazismo.

Nesta ocasión, busca presentar unha historia que narra unha relación de parella na que Rocío, membro dunha Plataforma Feminista, acode a un acto da mesma e dille a Manu (o seu mozo), as responsabilidades que teñen en común. A partir dunha discusión entre ambos, os feitos que van acaecendo fan que a situación se volva máis e máis rocambolesca. En palabras da autora, Feminazi busca “plasmar unha parodia do feminismo mal entendido e no que os prexuízos e o descoñecemento do movemento, fan ter unha idea tergiversada a moitas daquelas persoas que critican, valoran e xulgan a partir da súa ignorancia”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta