Burela segue sen reaccionar

O equipo burelao perde 6-2 co Barça no Palau, suma a décima derrota consecutiva e está a tan só un punto do descenso tralo empate de Levante en Palma. O sábado, con Xaén en Vista Alegre.

Por gcdeportes | Burela | 16/02/2017 | Actualizada ás 09:08

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Barça Lassa 6:
  Juanjo, Marc Tolrà, Dyego, Adolfo e Ferrao -cinco inicial- Joao, Joselito, Roger Serrano, Xavi Cols, Sergio González e Diego Quintela.
Pescados Rubén Burela 2: Joan Miñano, Iago Míguez, Jorge Bellvert, Cuco e José Carlos -cinco inicial-, Isi, Iago Rodríguez, Álex, Carlitos, Antoñito, Renato e Hélder.
Goles: 1-0: Ferrao (minuto 8); 2-0: Adolfo (9’); 2-1: Antoñito (16’); 3-1: Dyego (18’); 4-1: Joao (25’); 5-1: Ferrao (31’); 6-1: Diego Quintela (36’); 6-2: Iago Míguez (36’).
Árbitros: Juan Cerda e Martínez García. Expulsaron a Isi por dobre cartón. Amarelas a Cuco no Burela e a Juanjo e Marc Tolrà no Barça.

Ferrao celebra un dos goles blaugranas ao Burela.
Ferrao celebra un dos goles blaugranas ao Burela. | Fonte: @FCBfutbolsala

Impúxose a lóxica e o Burela caeu 6-2 na súa visita entre semana ao Barça no Palau. É a décima derrota consecutiva dos burelaos, que non gañan dende hai máis de dous meses na Liga. O Burela suma 15 puntos, e coa sorpresa do empate do Levante en Palma (3-3), ten o descenso a tan só un punto. O sábado, toca rachar coa mala xeira e reaccionar ante Xaén en Vista Alegre.

Un necesitado Burela visitaba o Palau coa intención de sacar algo positivo, pero as gañas dos laranxas non foron dabondo e o Barça acabou impoñéndose 6-2 con claridade. Tralo 2-1 de Antoñito que metía os laranxas no partido, foi chave o 3-1 pouco antes do descanso. Logo chegarían tres tantos máis dos cataláns no segundo tempo, e Iago Míguez puxo o 6-2 definitivo.

O Barça tivo ocasións dende o arrinque (Dyego, Ferrao e Marc Tolrà) e Tomás de Dios, adestrador burelao, optou por xogar con porteiro-xogador xa nos primeiros minutos para frear o vendaval. Un erro na saída do balón provocou o 1-0 de Ferrao. Un minuto máis tarde, Adolfo fixo o 2-0. Antoñito, co calcañar, acurtou distancias e meteu a Burela no partido, pero un gol do brasileiro Dyego puxo o 3-1 antes do descanso.

A primeira ocasión, aos 13 segundos da reanudación, foi para os laranxas pero detivo o meta local. Isi foi expulsado tras recibir a segunda amarela por tirar da camisola de Dyego, e Joao Batista marcou o 4-1 no minuto 31. Pouco despois, Ferrao aproveitou unha asistencia de portaría a portaría e fixo o 5-1 coa testa. A catro minutos e medio do final, o arzúan Diego Quintela sentenciou co 6-1, pero Iago Miguez maquillou o resultado co 6-2 definitivo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta