Está a sanidade pública tan preparada como a privada para ter fillos?

Alfonso Rueda di que a sanidade pública é “das mellores do mundo” tras o nacemento do primoxénito de Feijóo nunha clínica privada. Cualifica de “penosas” e "machistas" as declaracións dos partidos da oposición por criticar a decisión da parella do presidente de acudir a unha exclusiva clínica privada.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 16/02/2017 | Actualizada ás 14:12

Comparte esta noticia

Custou pero, ao final, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñeceu que Galicia ten unha das “mellores sanidades públicas do mundo”. Unha aseveración que chega xusto cando a parella do presidente galego, Eva Cárdenas, decidiu parir nunha exclusiva clínica privada da Coruña.

Feijóo recibe un body co lema de Feijóo
Feijóo recibe un body co lema de Feijóo | Fonte: DP - galiciae.com

E é que houbo que esperar á cuarta pregunta consecutiva, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, para que Alfonso Rueda saíra en defensa da sanidade pública galega. “Que opinión lle merece a sanidade pública de Galicia con respecto á privada?”, preguntou GC. “Hai que respectar a decisión da muller sempre”, respondeu. “Comparto a súa opinión, pero eu non lle pregunto por iso”, apuntou este medio. 

“Hai que defender sempre o dereito da muller a decidir”, insistiu Rueda. “Estou de acordo, pero que opina da sanidade pública galega?”, repreguntou GC. “A decisión é sempre persoal”, respondeu. “E que non se lle pregunta por iso, que insisto en que hai acordo sobre iso. Pero vostede como un dos máximos responsables da Xunta, que opinión ten da sanidade pública con respecto da privada?”. “Pois que Galicia ten unha das mellores sanidades públicas do mundo”, respondeu finalmente o vicepresidente da Xunta.

“Penosas”, as críticas da oposición

Previamente, Alfonso Rueda cargou contra os partidos da oposición, principalmente En Marea e o BNG, por criticar a decisión do presidente da Xunta de ter o seu fillo nunha clínica privada. “Parécenme machistas e penosas esas críticas”, dixo o vicepresidente ao ser preguntado ao respecto ao sinalar que a decisión de acudir á sanidade privada foi da parella de Feijóo.

“Os que seguen pensando que unha muller non ten nada que dicir pois quedan moi ben retratados. E iso é penso”, suliñou Rueda.  E é que desde a Xunta suliñaron que a decisión de dar a luz nesa clínica privada foi de Eva Cárdenas, xa que é unha clínica que ten concerto con Inditex –ela é a máxima responsable de Zara Home-- e que foi a clínica onde naceu a súa anterior filla e onde a trata o seu xinecólogo habitual.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 O´Xota

O asunto non é parir na sanidade pública ou na privada, senón que esta xente teña fillos...;)

3 galegoexiliado

Ninguén dubida de que a sanidade pública é a mellor da galaxia, pero con tantos recortes e falta de persoal o Sr Nuñez sabe ben que si pide cita pa o parto chamarano pa primeira comunión. Os ricos e os des-gobernantes teñen sanidade privada, os seus votantes disfrutan do paraíso popular. YES WE TRUMP.

2 Resposta

Non está tan preparada está mellor preparada (a pública por se hai dúbidas)

1 antimitos

O de que a sanidade pública é a mellor do mundo mundial é un conto popularizado polos seus traballadores que queren manter os privilexios de funcionario e non teñen aboa. E un conto moi doado de vender porque o fan desde unha posición de poder. En realidade a xente con pasta se ten un problema vai á privada. Se é un problema común ou un parto en calquera hospital onde viva; se ten un problema serio vai a algunha clínica especializada como Navarra ou Houston.

1 Don Pimpón

A xente de pasta que vai a privada, en canto se presenta un problema no parto saen a toda ostia para o público. Porque hai privadas e privadas, pero públicas só hai unha .

2 antimitos

Efectivamente, cando alguén con pasta pare en Navarra ou Houston, se xurde un problema, vai a todo correr para o Materno Infantil da Coruña... Non todo o mundo está alucinado co público, que insisto, é unha comedura de coco difundida polo lobby da sanidade pública, moi interesado en manter os privilexios inherentes ao funcionariado. Cando Marta Ortega tivo ao seu fillo foi no Quirón da Coruña, non no Materno Infantil ¿Beiras onde se operou? ¿Cando tivo problemas de saúde mental foi a Conxo? Ogallá todos poidésemos ir á privada e non conformarnos coa pública.

3 Nefelibata

Antimitos, cando teñas un problema grave falamos, especialmente porque os nosos hospitais privados até onde eu sei non son precisamente o Mount Sinai. Eu estoulle moi agradecida aos bos profesionais da pública por terme salvado a vida e a dalgún familiar. Só os que nunca estivestes enfermos podedes falar con tanta lixeireza. Evidentemente hai xente moi abnegada e xente que non o é... Coma en todas as profesións. Así que aplícate o nome e deixa de facer xuízos de valor.

4 Nefelibata

Por outra banda, non é o mesmo o nacemento dun neno no que a nai ten moito que dicir sobre onde quere dar a luz que o dun "progresista" que di defender a sanidade e a educación pública e manda aos seus fillos ou netos a un centro educativo privado ou el mesmo decide que lle practiquen unha intervención nun hospital privado. Sempre coa pública e moitas grazas... Malia as malas caras dalgúns e os erros. Eu confío en vós. O da teima cos funcionarios por certo soe encubrir en moitos casos a envexa... Non en todos, seguro que ti es un emprendedor de éxito que quere exportar emprendeduría... Pero cun marketing que insulta as nosas intelixencias non vas ir moi lonxe. E si, o de Beiras dá moito que pensar, aínda que neste caso, cómpre engadir que o cambio, segundo se podía ler no enlace que alguén deixou onte, implicaba ser intervido por un familiar. Así que un respecto tamén para Beiras. Deixádeos en paz. Non todo vale!

5 antimitos

Teño un problema grave e preferiría ser atendido nun privado. Hai pouco tiven que ir por outro tema, díxenlle ao médico que en urxencias me comentara a enfermeira certa cousa para que llo dixera, e a resposta do médico foi: "mire vostede, as enfermeiras non teñen nin idea". Ante a miña mirada á enfermeira que andaba por alí pola falta de delicadeza, remendou "non a teñen os médicos xeráis, etc." Hai pouco tiven que ir a unha consulta de enfermería, como os dous que esperábamos para entrar cedíamonos con deferencia o paso, a histérica da enfermeira berrounos "¡a veeeeer, que entre uno!" ¿Alguén cre que isto é posible nunha consulta privada? ¿Qué problema hai en que nos deixen decidir se queremos sanidade pública ou privada? O problema está no lobby funcionarial e o mantemento dos seus privilexios.

6 Nefelibata

Ou sexa que ti chegas a conclusións sobre un tema de grande importancia cidadá a partir de dúas experiencias persoais. Sabías que existe o defensor do paciente? Estou farta de oír protestar por detrás aos que nunca o fan onde o teñen que facer. Eu hoxe tiven unha mala experiencia na sanidade por un erro e non infiro desta a súa maldade intrínseca. O problema é que ti velo coma un consumidor e eu coma unha cidadá que non quere que mercantilicen a súa saúde. Ou ben é que queres crear polémica... Chi lo sa?

7 Gj27

Supoño que antimitos contou so unha mostra da súa experiencia persoal, e podería contar moitos mais casos, non so seus, senón do seu entorno, como podería contar eu. A xente con pasta non está disposta a ser tratada como o gando, e por si acaso, elixe privada. En canto ás reclamacións, non me fagas rir.... Na sanidade pública actúan desde unha posición de poder. Reclama, e como che vai tocar o mesmo, caso de que o reconveñan, non te van matar, pero te van p utear, dándoche voltas, facendo mal algunha prestación ou práctica, e de tal xeito que non podes demostrar que o erro e p uteo e con mala intención.

8 Un doente ben tratado

Di o refrán que a xente fala da feira segundo lle vai nela.Algo así pasa coa sanidade. Eu podo falar por experiencia e dos dous bandos. Como funcionario teño dereito á privada ou concertada (Muface) e por outra banda a miña muller (q.e.p.d.) foi asistida pola pública. En ningún dos dous casos teño queixa ningunha. Na privada fun sometido a dúas operacións. Trato exquisito. Na pública igualmente durante anos da enfermidade da miña dona. e a maiores teño unha filla médico na pública.Esta polémica non ten sentido. A pública non lle envexa nada á privada., pero esta tampouco é mala. Polo menos para min. Isto non quita para que Feijóo debera dar exemplo e levar a muller á pública.

9 Nefelibata

Ti si que es un todo exemplo: un funcionario público que confesa sen rubor que elixe a medias, iso si, a privada. Ou sexa que traballas en algo non que moito non debes de crer porque non das a cara por eles, malia os seus erros, coma facemos outros. E despois ata dirás que eres de esquerdas. Por certo, cando teñas unha enfermidade grave falamos. Eu xa teño visto a moitos correr para a pública. Que país! Con respecto ao comentario anterior si que comparto a necesidade de artellar máis medios para a defensa do paciente , pero cuestións coma estas non semellan preocupar moito aos nosos políticos. E son fundamentais.

10 Nefelibata

En realidade, a xente coma o "ben tratado" é a que máis dano fai ao público porque traballando neste sector non ten rubor en admitir que utiliza a sanidade privada e hai que oír os seus argumentos: dende o de que os atenden antes ao do suposto prestixio (ese que deben dar os xornais rexionais) do privado. Non comparto pero entendo e respecto os argumentos dun neoliberal, pero os da progresía que envía os seus fillos aos colexios privados ou acode a centros de saúde privados... Iso nin o comento porque me convirto en San Xurxo co dragón e despois sinto remordementos porque ademais non soen ter argumentos que resistan unha crítica mínima... E despois criticarán ao PP!