O Laboratorio Audiovisual de Vedra (A Coruña) celebra o seu décimo aniversario con talleres, proxeccións e música

O Laboratorio Audiovisual de Vedra (A Coruña) celebra esta fin de semana, do venres 17 ao domingo 19 de febreiro, a súa décima edición. Para conmemoralo, a Asociación Senunpeso preparou unha programación especial que, ademais das habituais xornadas de formación, inclúe unha retrospectiva de pezas curtas producidas no marco do LAV e unha festa con cea e concerto.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 07:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Laboratorio Audiovisual de Vedra (A Coruña) celebra esta fin de semana, do venres 17 ao domingo 19 de febreiro, a súa décima edición. Para conmemoralo, a Asociación Senunpeso preparou unha programación especial que, ademais das habituais xornadas de formación, inclúe unha retrospectiva de pezas curtas producidas no marco do LAV e unha festa con cea e concerto.

En concreto, o venres 17 de febreiro arrincarán no Centro Social de Vedra as xornadas con 'Rebobina LAV', unha antoloxía de pezas curtas realizadas no marco dos encontros de formación deste laboratorio ao longo das súas dez edicións.

Segundo explicou a organización, a selección inclúe curtas creadas desde 2008 a 2016, concibidas orixinalmente como exercicios. A entrada a esta sesión é gratuíta.

Así mesmo, o sábado, o LAV celebrará o seu décimo aniversario cunha festa no Restaurante Vía da Prata de Lestedo, que comezará ás 21,00 horas. Ás 22,30 horas, no mesmo restaurante, programarase un concerto gratuíto de Brinkadelia Troupe e unha sesión de DJ Furia de Timotei.

As xornadas de formación reunirán en Vedra a máis de 150 persoas chegadas de toda Galicia para participar nos talleres. Como é habitual, no LAV mesturaranse profesionais do audiovisual con persoas afeccionadas de todas as idades. Os cursos desenvolveranse o sábado 18 de febreiro e o domingo, día 19. A inscrición pode facerse a través da web www.senunpeso.org.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta