Temas: PENSIóN

A esquerda galega sairá á rúa en defensa das pensións

A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade suma o apoio de varios concellos e mareas para a súa manifestación na Coruña esta primavera, co lema “coas nosas pensións non se negocia”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 17/02/2017 | Actualizada ás 15:13

Comparte esta noticia

As marchas da dignidade, as mobilizacións nacidas ao calor das mareas e do 15M, volven á carga en Galicia. Será  na Coruña o 25 de febreiro. Desta volta haberá unha manifestación galega en defensa das pensións e os servizos públicos, que consideran “gravemente ameazados”.

Manifestación da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade en Santiago
Manifestación da Plataforma Galega das Marchas da Dignidade en Santiago

O colectivo está a recoller apoios políticos en numerosos concellos gobernados pola esquerda.  Municipios como o de Santiago xa aprobaron mocións de apoio no pleno. En Cangas o concello animou a participar en solidariedade “coa situación dramática de moitos fogares que dependen dunha pesión para vivir”. A Plataforma Galega das Marchas da Dignidade terá unha reunión co alcalde de Coruña, Xulio Ferreiro, o próximo luns, cando presentarán oficialmente a Marcha en rolda de prensa.

A Marea Atlántica tamén lles outorgou o seu apoio. A confluencia herculina alerta dun plan para desmantelar o sistema público de pensións co “único obxectivo favorecer ás entidades que ofrecen plans de pensións privados”.

O lema desta concentración na Coruña será “coas nosas pensións non se negocia”. Haberá dúas columnas que partirán as 12 horas do Pazo da Ópera e do Campo da Leña. As dúas marchas confluirán na Praza de Ourense e andarán xuntas até os xardíns de Méndez Nuñez. Aló será o acto político final, previsto para as 13 horas. 

A nivel do Estado, nas marchas colaboran máis de 300 organizacións sociais, sindicais e políticas de esquerdas, unidas baixo a reivindicación “pan, traballo e teito”.  Este é o terceiro ano que convocan actos reivindicativos en defensa dos servizos públicos.

Temas: PENSIóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

7 pablo cain, errejon abel

Din que pableiras Waldo facista das jons cortoulle a cabeza o errejon co 40 por cento dos votos e puxo a sua nova noiva... o pableiras onde o vedes e un-ha autentica sex machine como o famos presidente o kenedy dos U$A "yes we can" "si podreiros" nin son de esquerdas sin son galegos... son ratas traidoras do expañol de izquierda la unitaria, engañan minten e traizona como o vello -vieiras, como a ferrolita que anda a vivir coma un-ha reina nos mandriles... EXPAÑA NON PODE SER REFORMADA A XOROBA SOAMENTE SE ENDEREZA NO CADALEITO!!!!

6 Xoc

Esquerda galega porque o pon o titular... Vense máis bandeiras de España... Incluso de Asturias! E despois dicían algúns que xa estaba ben de tanta manifestación -procesión... En fin!

5 A ranhala espanholis

Basura española

1 Dalle que libras

O dia que repartiron os cerebros, tí faltaches a clase

4 Dignos de cando en vez

Asi que volven a aparecer estes. Unha manifestacion cada dous anos e claro ten que ser noticia á forza

3 Loisin

Bandeiras galegas 3- Bandeiras España máis de 20 ( refírome á foto). Sen querer ofender, di moito do caracter das Marchas da Dignidade. Os meus problemas coma Galego non teñen nada que ver cos de Murcia (nin mellores nin peores). AP9, Ence, cotas pesca, abandonó do rural, expolio da enerxía eléctrica, nula carga traballo dos asteleiros, etc, etc. Déixame que traballe dignamente que xa eu mercarei o pan e pagarei un teito. Beneficiencia non, gracias.

1 nostrus

Pois eu creo que compartes moitos problemas cos murcianos, ao mellor é que non os soportas e non queres convivir con eles.O que eu non sei que pintan aqui as bandeiras republicanas, ao mellor é que a xente esta moi despistada.

2 Loisin

Saberei eu con quen comparto ou? Non preciso Mesías que me guíe. Se falas de precariedade laboral, paro, pensións... comparto con media Europa e con medio mundo. O problema son as cuestións propias que nas que deciden outros por nós. Puxen Murcia de exemplo, pero impórtanme tanto coma nós a eles. Mira se lles teño aprecio que lles regalaría Ence se fose miña