Helena Villar e Jesús Rábade disertan en Santiago sobre 'Lingua materna e globalización'

O Ateneo de Santiago celebrará o luns unha nova sesión do ciclo de conferencias 'Os luns do Ateneo', coa presenza dos escritores e docentes Helena Villar e Xesús Rábade, que falarán de 'Lingua materna e globalización'.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 11:11 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Ateneo de Santiago celebrará o luns unha nova sesión do ciclo de conferencias 'Os luns do Ateneo', coa presenza dos escritores e docentes Helena Villar e Xesús Rábade, que falarán de 'Lingua materna e globalización'.

A cita, organizada pola Sección Arte, Educación e Cultura do Ateneo, será a partir das 20,00 horas do luns na sede Afundación da Rúa do Vilar.

Os relatores, recoñecidos profesores e escritores, realizarán durante a charla unha panorámica sobre o papel das linguas modernas na "imparable globalización" actual.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta