Xulgada unha empresa en Portugal por acumular residuos tóxicos que quería traer a Galicia

Desbotou traer milleiros de toneladas tóxicas polo alto prezo do tratamento. Finalmente, decantouse por depositalos nunha mina da freguesía de Gondomar.

Por Galicia Confidencial | Porto | 17/02/2017 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

Os principais responsables dunha empresa de tratamento de resíduos perigosos están sendo xulgados en Portugal acusados dun "crime doloso de polución con perigo común" tras depositar máis de 105.000 toneladas de material tóxico nunha mina de São Pedro da Cova, no concello de Gondomar, preto de Porto.

 

Curiosamente, esta mesma empresa considerara nun primeiro momento levar estes resíduos tóxicos, procedentes da Siderurgia Nacional de Portugal, a Galicia. Sen embargo, desbotou a idea porque os custos eran maiores que no país veciños tal e como apunta o Ministerio Público (MP) portugués nunha acusación á que accedeu a Axencia Lusa.

 

O prezo polo tratamento da tonelada de residuos tóxicos en Galicai era de 94,77 euros. Sería en total 9,2 millóns de euros, valor considerado "demasiado elevado" para esta empresa. Por iso, decidiu, finalmente, e tras negociacións coa Cámara de Gondomar, depositar estes resíduos nas antigas minas de São Pedro da Cova, a través do desenvolvemento dun proxecto de recuperación paisaxística.

 

Pero segundo a xustiza portuguesa, os acusados coñecían a composición química dos pos desbotados e sabían que ían infiltrarse nos acuíferos e que colocarían en perigo a vida ou integridade física das persoas da zona. E, mesmo así, non alertaron ás autoridades municipais da toxididade dos resíduos.

 

O caso remontase a 2001/2002 cando toneladas de residuos industriais perigosos da Siderurgia Nacional, que traballou entre 1976 e 1996, na Maia, distrito do Porto, foron depositadas nas antigas minas de carbón de São Pedro da Cova, Gondomar, tras ser descartados outros emprazamentos, como plantas de tratamentos en Galicia.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta