Temas: SERGAS SANIDADE

Nova condena ao Sergas por neglixencia

A Servizo Galego de Saúde terá que indemnizar con 79.000 euros á familia dun falecido nun hospital por unha infección. O fallo considera que a infección foi provocada pola "defectuosa asistencia sanitaria" prestada no centro hospitalario

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 13:23

Comparte esta noticia

Unha nova sentenza contra o Sergas por neglixencia, que vén de ser condenado a indemnizar con 79.000 euros á familia de Manuel Rodríguez Álvarez, falecido no Hospital da Costa de Burela (Lugo) por unha infección contraída en quirófano durante unha operación de vesícula mediante a técnica de laparoscopia. A sentenza do Xulgado Contencioso-Administrativo Número 2 de Santiago do 26 de xaneiro, á que tivo acceso Europa Press, argumenta que "a infección nosocomial non pode aparecer como manifestación dun suceso ordinario no desenvolvemento da actividade sanitaria porque os pacientes poden esperar recibir uns mínimos niveis de calidade do servizo nun centro hospitalario público, que inclúen a adopción de distintas medidas de control dirixidas a impedir as infeccións".

Edificio do Sergas
Edificio do Sergas | Fonte: xunta.gal

"Cando eses controis faltan ou resultan insuficientes, como sucedeu no caso presente, na media en que non están en condicións de ofrecer esas garantías mínimas de calidade no relativo ás condicións de hixiene e asepsia, a Administración sanitaria ten que asumir as consecuencias daniñas que deriven desa falta de condicións esixibles", segundo esgrímese no fallo.

Deste xeito, o tribunal subliña que "o usuario do servizo público sanitario non ten obriga de soportar aquela carencia ou insuficiencia na adopción das medidas de asepsia e hixiene".

A sentenza deriva dun recurso presentado pola avogada da familia, Mar Viveiro, do bufete Barreiro Viveiro de Santiago, contra a resolución da Secretaría Xeral técnica da Consellería de Sanidade, na que inicialmente se desestimaba a reclamación de responsabilidade polo falecemento.

Os feitos producíronse o 19 de marzo de 2011, cando Manuel Rodríguez, de 59 anos, faleceu por unha infección nosocomial ou postoperatoria, provocada pola "defectuosa asistencia sanitaria prestada no Hospital da Costa de Burela", segundo sostén a representación da familia do falecido, que lembra que era unha "operación programada, non urxente e sinxela".

A resolución xudicial expón, así mesmo, que "non se cumpriu co requisito de demostrar que se velou eficazmente pola asepsia evitando a presenza de xermes nocivos no recinto do establecemento sanitario". "Ao paciente, que ingresou no hospital para unha operación programada, non urxente e sinxela, inoculáronlle durante a actuación médica os xermes clostridium e enterococcus, por non extremarse as medidas precautorias necesarias", exponse na sentenza.

"XUSTIZA"

A familia do paciente falecido no Hospital da Costa de Burela considera, tras coñecer a sentenza, que "tras seis anos se fai por fin xustiza".

Así mesmo, espera que "sirva para evitar que sucedan este tipo de feitos tráxicos e dolorosos, evitables se se cumpriu con todos os coidados esixibles nun hospital público".

Temas: SERGAS SANIDADE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 anonimo0428

El titular deja mucho que desear, por sensacionalista. En el SERGAS habrá neglicencias y errores médicos con gravísimas consecuencias, nadie lo duda. Lo que habría que ver es cuántos hay en relación al número de intervenciones que hace el SERGAS; yo intuyo el ratio es más bien tirando a bajo. Cuando hay que operarse, vamos a la sanidad pública: los españoles, y también ciudadanos de países de la UE del grupo de los ricos. Posiblemente en lo referente a sanidad estemos a la cabeza de la UE. Así que, por favor, no estropeemos algo que funciona bien por la vía de politizarlo.