Gómez-Reino nega divisións en En Marea e asegura que "hai un traballo coordinado e cooperativo"

O portavoz de En Marea no Congreso dos Deputados, Antón Gómez-Reino, volveu a negar este venres que existan discrepancias ou divisións na formación e asegurou que o que hai é "un traballo coordinado e cooperativo".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 14:30 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea no Congreso dos Deputados, Antón Gómez-Reino, volveu a negar este venres que existan discrepancias ou divisións na formación e asegurou que o que hai é "un traballo coordinado e cooperativo".

Así se pronunciou este venres en declaracións aos medios tras a reunión interparlamentaria celebrada por En Marea na Cámara, onde aproveitou para asegurar que "Galicia ten cada vez máis peso" en todos os espazos da formación "tanto institucionais como orgánicos".

Na comparecencia estivo acompañado polo portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, quen rexeitou pronunciarse sobre a composición do Consello das Mareas e sobre se se elixirá proximamente ao portavoz orgánico do partido instrumental ante as reiteradas preguntas dos medios.

"Estamos hoxe aquí falando de cal é a actividade política de En Marea e a actividade política de En Marea é expresar a inquietude social, a actualidade neste momento no Parlamento galego e no español", manifestou para pasar a criticar a actuación da Xunta ante a praga da couza guatemalteca que afecta os cultivos de pataca.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta