Resposta ameazadora da Fundación Franco a Gómez-Reino: “Se hai que volver pasar, pasaremos!”

A Fundación fascista replicou vía Twitter ao portavoz de En Marea no Congreso durante un debate na Cámara Baixa.

Por E.P. | MADRID | 17/02/2017 | Actualizada ás 14:41

Comparte esta noticia

A Fundación Francisco Franco replicou vía Twitter ao portavoz de En Marea no Congreso, Antón Gómez-Reino, quen este xoves, durante un debate na Cámara Baixa, lembrou o berro antifascista de 'Non pasarán', ao que a fundación fascista replicou en clave ameazante: "Se hai que volver pasar, pasaremos!".

Tone, Antón Gómez-Reino, candidato de En Marea ao Congreso
Tone, Antón Gómez-Reino, candidato de En Marea ao Congreso | Fonte: enmarea.gal

Gómez-Reino defendeu na Comisión de Interior unha proposición non de lei na que se instaba ao Goberno a investigar a esta entidade que, desde o seu punto de vista, viola a Lei de Fundacións ao non perseguir o interese xeral nin o respecto aos Dereitos Humanos.

O texto saíu adiante co apoio de toda a oposición. Só discreparon Ciudadanos, que se abstivo, e o PP, que votou en contra a pesar de que o Goberno, a través do Protectorado de Fundacións, xa pediu información á Francisco Franco sobre as súas actividades, o paso previo a decidir se abre unha investigación máis exhaustiva.

En concreto, solicitou documentación respecto dunha carta que esta entidade remitiu a 355 alcaldes ofrecéndolles asesoramento xurídico para que non teñan que aplicar Lei de Memoria Histórica, que obriga a retirar os símbolos franquistas das rúas e edificios públicos, no convencemento de que triunfará "o dereito sobre a barbarie, a historia sobre o seu borrado e a civilización sobre o odio iconoclasta".

"O FASCISMO NON PASARÁ"

Precisamente esa misiva foi a que motivou a proposición non de lei de En Marea, en cuxa defensa Gómez-Reino criticou duramente á Fundación Franco e subliñou que "o fascismo, contra a democracia, non pasará".

Resposta ameazante da Fundación Francoa ao deputado Antón Gómez-Reino.
Resposta ameazante da Fundación Francoa ao deputado Antón Gómez-Reino.

"Que di @tone_corunha (o nome de Twitter de Gómez-Reino) que "Non Pasará" e tal... A nosa misión é lembrar a tipos como el que se hai que volver pasar PASAREMOS!", contestoulle a Fundación nunha mensaxeen Twitter e que ilustran cun emoticono con lentes de sol, un dun puño e outro dunha man saudando.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

4 Faraldo

Toné o errejonista

3 FRPU

E o BnG cala.

2 slñkjr

Entrade e veredes www.fnff.es

1 Hipólito

Muy bien dicho por la magnífica fundación F. Franco. En cuanto a Gómez Reino si que parece pertenecer al gremio fascista, como todos los de apellido compuesto