A artista Pepa Poch e Sargadelos presentan unha colección de pezas únicas e inéditas, de "esculturas para vivir"

Estarán expostas do 3 ao 25 de marzo na Casa Museo Picasso da Coruña

A CORUÑA | 17/02/2017 | Actualizada ás 14:48 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A artista Pepa Poch e Sargadelos presentaron este venres unha colección de pezas únicas e inéditas, que se exporá do 3 ao 25 de marzo na Casa Museo Picasso da Coruña.

'Porcelanas de arte para vivir', así se denomina esta colección de pezas realizada a man pola artista, e que é froito da integración da artista Pepa Poch nas fábricas de Sargadelos.

A colaboración integra en simbiose a arte e a vangarda da artista coa tradición e a solidez da marca de cerámicas, con máis de 200 anos de historia

Cada peza da colección é única e foi creada pola artista coas súas propias mans. A colección caracterízase pola creatividade nas súas formas e cores, o que a converte en todo un "luxo" en porcelana, segundo comentou Pepa Poch en declaracións a Europa Press.

"ESCULTURAS PARA VIVIR"

"Son esculturas para vivir", asegurou Poch, que durante tres meses estivo traballando e creando en Sargadelos, recentemente chegada de Nova York.

As súas obras de arte pictóricas e de porcelana mostraranse por primeira vez nun espazo exclusivo en Madrid durante a Internacional Feira de Arte ARCO 2017. Despois volverán á cidade herculina, onde se exporán do 3 ao 25 de marzo na Casa Museo Picasso, e de alí viaxarán a Nova York e Barcelona.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta