Nóos.- Barreiro (PP) destaca a "independencia" da Xustiza, que traballa sen fixarse en "os apelidos" de ninguén

O portavoz do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro, puxo este venres en valor a "independencia" con que traballa a Xustiza en España tras a sentenza do caso Nóos, sen fixarse en "os apelidos" das persoas que se xulgan.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 15:16 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz do PP no Senado, o lucense José Manuel Barreiro, puxo este venres en valor a "independencia" con que traballa a Xustiza en España tras a sentenza do caso Nóos, sen fixarse en "os apelidos" das persoas que se xulgan.

En concreto, Iñaki Urdangarin, esposo da infanta Cristina e cuñado de Felipe VI, foi condenado a seis anos e seis meses de prisión, mentres a súa muller resultou absolta.

Barreiro, tras expresar "o respecto total e absoluto á actuación da Xustiza", resaltou como "algo importante" o feito de que a Xustiza actúe "de forma total e absolutamente independente, de acordo cos criterios que marca a lei".

"Non se fixa para nada nin na procedencia, nin no cargo, nin a orixe, nin no nome, nin nos apelidos da persoa que está a ser xulgada", remachou.

Este proceder, ao seu xuízo, constitúe "unha garantía" e "unha maneira máis de fortalecer un dos alicerces fundamentais do Estado de Dereito", como é o poder xudicial.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta