Os madeireiros non queren novos límites para o eucalipto

A Xunta leva meses adiando a prometida norma que regulará esta polémica especie. Agora, tras o veto portugués, o sector madeireiro dá un paso adiante e pide ao goberno galego que non establezca máis restriccións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 18:38

Comparte esta noticia

A cadea de valor da madeira manifestou este venres, na reunión do Consello Forestal de Galicia, a súa "oposición firme" ao borrador de decreto que regula o eucalipto.

Plantacións de eucalipto no norte da Península
Plantacións de eucalipto no norte da Península

Segundo informou o Clúster da Madeira, a oposición, apoiada polas principais asociacións do sector, está fundamentada en que "a actual lexislación forestal xa establece unhas claras limitacións á expansión do cultivo de eucalipto en Galicia".

"No caso de cumprir a normativa sectorial existente --na actualidade--, non sería posible plantar novos eucaliptos nos espazos naturais protexidos da Rede Natura 2000 de Galicia, nin nas terras agrarias, nin tampouco nas superficies forestais ocupadas por frondosos caducifolias autóctonas".

Así, as asociacións cre que unha "eucaliptización de Galicia" xa non é posible coa norma actual, posto que os espazos do monte que quedarían para as novas plantacións de eucaliptos "serían unicamente unha porcentaxe moi limitada da superficie forestal galega".

Nesta liña, o Clúster considera que este borrador de decreto "non engade protección adicional nin aos espazos naturais protexidos, nin ás masas de frondosos existentes, nin ás terras agrarias dos concellos aos que afectaría a aplicación desta proposta".

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/

"Pola contra, si lles impediría aos veciños destas zonas o cultivo forestal dunha especie que, debidamente ordenada e xestionada de forma sustentable, ten o potencial de xerar rendas económicas aos propietarios forestais destes concellos dun modo perfectamente compatible coa sustentabilidade e conservación do medio natural", dixo.

A regulación "meditada e ordenada do cultivo do eucalipto", subliñou a entidade, ten que "ir da man doutras medidas complementarias indispensables que equilibren o desenvolvemento do monte galego", como "incentivos para a xestión sustentable das masas frondosas caducifolias". "Estes son os verdadeiros retos: integrar e desenvolver propostas que dean potencialidade e valor económico ás especies forestais que se queren promover e protexer", apostilaron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Sinee

Que plantacións, se esta expandido por todo o territorio de forma descontrolada. Claro que se debería prohibir e controlar que só crezca nas parcelas estipuladas e non que ocupe todas as zonas boscosas. Madereiros, sodes a escoria da nosa terra. De souperades algo de silvicultura ou de xestión de montes seríades os primeiros en producir madeira de calidade doutras especies. Quedadevos coa miseria que vos ofrece Ence. A xente que se adica ao eucalipto son uns ignorantes que non saben o que poden chegar a gañar con madeiras para serra e non para pasta, que poderían abastecer de boa madeira apta para estructuras con unha boa xestión. Pero a ignoracia dos cartos rapidos estrnza a nosa terra xa sen madeira propia. Mirade o prezo por tn do eucalipto para pasta e o fresno para serra. Ignorancia. Ter terreos forestais e venderse ao primeiro postor. Control total da expansion do eucalipto xa.

1 Ghazafelho

Os eucaliptos son a miña vida. Deixádevos de caralladas ¡¡¡¡

1 Biosfero

Son a ruína dos nosos netos. Busca outro xeito de gaña-la vida que non estrague Galiza!