Especialistas en Otorrinolaringoloxía e pacientes abordan a laringuectomía total nun encontro en Ferrol

Especialistas en Otorrinolaringoloxía da Xerencia Integrada de Ferrol e pacientes reuníronse este venres no Hospital Arquitecto Marcide para abordar todos os aspectos sobre a laringuectomía total.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 18:02 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Especialistas en Otorrinolaringoloxía da Xerencia Integrada de Ferrol e pacientes reuníronse este venres no Hospital Arquitecto Marcide para abordar todos os aspectos sobre a laringuectomía total.

Segundo informou a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, que concretou que se trata da primeira xornada con estas características que se realiza en Galicia, unha laringuectomía total é un tipo de intervención na que se extirpa a totalidade da laringe.

"Tanto polas súas secuelas funcionais, como polas súas implicacións físicas e psicosociais, esta intervención supón un gran impacto na vida das persoas que se someteron a ela", segundo consideran os especialistas.

O obxectivo da reunión en Ferrol, segundo indican as mesmas fontes, consistía en coñecer os aspectos xerais que implica unha laringuectomía total, ademais de resolver as dúbidas máis habituais do medio centenar de persoas presente; así como responder a calquera posible problema ou incidencia na volta a casa tras a intervención.

O 95 por cento deste tipo de intervencións realízanse por mor de tumores malignos de farinxe ou larinxe. Tanto o carcinoma epidermoide de larinxe ou farinxe, como o carcinoma do esqueleto laríngeo, son as principais causas, segundo apuntan os especialistas, aínda que tamén pode ter a súa orixe nun traumatismo ou nalgunhas enfermidades de tipo neurolóxico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta