Nóos.- A CRMH da Coruña critica a absolución da infanta Cristina e tacha de "rídicula" a pena a Urdangarin

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña expresou o seu rexeitamento á sentenza absolutoria para a "filla e irmá de Reis, a cidadá Cristina de Borbón", sinala en referencia á infanta tras facerse público este venres o fallo polo caso Nóos.

A CORUÑA | 17/02/2017 | Actualizada ás 19:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña expresou o seu rexeitamento á sentenza absolutoria para a "filla e irmá de Reis, a cidadá Cristina de Borbón", sinala en referencia á infanta tras facerse público este venres o fallo polo caso Nóos.

Mentres, nun comunicado, cualifica de "rídicula" a pena de seis anos e tres meses de cárcere imposto ao seu marido, Iñaki Urdangarin.

Respecto diso, asegura que as penas desta sentenza "contrastan coa decencia máis primaria na Xustiza". "Penas indecentes", engade sobre un fallo co que na súa opinión algúns resultan "indecendemente protexidos pola Xustiza".

Por outra banda, indica que "para que isto non se volva a producir, só hai unha solución: que os reis, as súas familias e os seus amigos sexan xulgados no caso de presuntos delitos da mesma maneira que o resto da cidadanía".

"É necesaria a inmediata disolución da monarquía como forma de goberno inxusto, anacrónico e profundamente antidemocrático como demostra a recente sentenza", sinala. Ademais, sostén que o fallo "demostra que a Xustiza non é igual para todos".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta