A Xunta financia as obras de mellora do punto de atención á infancia de Sandiás (Ourense)

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde de Sanidás (Ourense), Felipe Traveso, mantiveron este venres unha reunión na que abordaron a recente mellora do punto de atención á infancia deste municipio.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 19:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde de Sanidás (Ourense), Felipe Traveso, mantiveron este venres unha reunión na que abordaron a recente mellora do punto de atención á infancia deste municipio.

Neste centro, de titularidade municipal e con capacidade para atender ata un máximo de 20 nenos, a Consellería de Política Social destinou un total de 17.127 euros a obras de acondicionamento do patio.

Neste encontro, que se enmarca na rolda de contactos que Rey Varela mantén con rexedores de toda Galicia, o conselleiro e o rexedor trataron tamén a situación do servizo de axuda no fogar a persoas dependentes (SAF-Dependencia), que desde xuño do ano pasado conta con 317 horas máis ao mes.

Na actualidade, Xunta e Concello cofinancian máis de 11.000 horas ao ano de atención das que se benefician unha vintena de dependentes, e deixouse aberta a posibilidade de volver incrementar as horas dispoñibles para esta prestación e así chegar a unha cobertura do 100 por cen.

O conselleiro e alcalde abordaron tamén a posibilidade de explorar novas vías de colaboración para a mellora da carteira de servizos sociais que existe neste municipio. "O diálogo entre as diferentes administracións é vital para garantir unha mellora da calidade de vida dos galegos a través das políticas sociais", sinalou o titular autonómico.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta