Asturias estrea un boletín mensual de información sobre o galego-asturiano no ámbito educativo

A Dirección Xeral de Planificación Lingüística e Normalización de Asturias acaba de estrear, neste mes de febreiro, a publicación dun Boletín Informativo dos Ensinos de Lingua Asturiana e galego-asturiano. Cada mes, todas as persoas interesadas en recibilo poderán coñecer novidades da lingua asturiana e o galego-asturiano no ámbito educativo.

Oviedo | 17/02/2017 | Actualizada ás 19:36 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Planificación Lingüística e Normalización de Asturias acaba de estrear, neste mes de febreiro, a publicación dun Boletín Informativo dos Ensinos de Lingua Asturiana e galego-asturiano. Cada mes, todas as persoas interesadas en recibilo poderán coñecer novidades da lingua asturiana e o galego-asturiano no ámbito educativo.

Ademais, anímase a todo o profesorado a compartir, neste boletín, as súas experiencias educativas en lingua asturiana ou en galego-asturiano. Poden enviala a llinguastureducastur.org.

Calquera persoa que queira recibir este boletín no seu correo electrónico pode darse de alta en llinguastureducastur.org, facendo constar a súa dirección de correo.

O primeiro número refírese á 38 Semana de Lles Lletres Asturianes, o Día da Llingua Materna (20 e 21 de febreiro), a publicación do sétimo número de Trabatel, algunhas actividades de centros educativos e unha entrevista ao escritor Xulio Arbesú.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta