Nóos.- O BNG ve "decepcionante" a sentenza, que mostra que "non todas as persoas" son "iguais" ante a lei

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "decepcionante" a sentenza do caso Nóos ao considerar que "demostra que no Estado español hai dúas varas de medir" e que "non todas as persoas" son "iguais ante a lei".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, cualificou de "decepcionante" a sentenza do caso Nóos ao considerar que "demostra que no Estado español hai dúas varas de medir" e que "non todas as persoas" son "iguais ante a lei".

Así se pronunciou a formación nacionalista este venres despois de coñecerse o fallo da Audiencia Provincial de Palma que condena a Iñaki Urdangarín a seis anos e tres meses de cárcere e a pagar 512.553 euros e á infanta Cristina a unha multa de 265.000 euros polas súas responsabilidades no caso Nóos.

"Eu estou convencida de que se Cristina non se apellidase De Borbón hoxe tería unha condena pola súa complicidade na estafa de fondos públicos nun caso claro de corrupción", asegurou Pontón, que lamentou que os membros da familia real "sigan sendo intocables no Estado español".

Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta