A Xunta descarta partículas de amianto no CEIP Ramón de la Sagra tras as últimas medicións

Os últimos resultados das medicións efectuadas no CEIP Ramón de la Sagra confirmaron que non existen partículas de amianto neste centro, segundo asegura a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

A CORUÑA | 17/02/2017 | Actualizada ás 19:53 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os últimos resultados das medicións efectuadas no CEIP Ramón de la Sagra confirmaron que non existen partículas de amianto neste centro, segundo asegura a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Nun comunicado, afirma que os datos recibidos este venres "ratifican que, de acordo coa medición segundo os protocolos do microscopio de varrido, a medida de partículas de amianto é inexistente".

Tamén sinala que, unha vez recibidos os resultados destas probas que se fixeron con carácter extraordinario, a Consellería remitiu o informe completo á dirección do CEIP para que llo traslade ás familias despois de que estas optasen, nalgúns casos, por non levar aos seus fillos ao centro escolar mentres durasen as obras.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta