Rescatado un home tras caer por un desnivel na Pontenova

Un home tivo que ser rescatado polos servizos de emerxencia logo de caer por un desnivel na localidade lucense da Pontenova, segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/02/2017 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

Un home tivo que ser rescatado polos servizos de emerxencia logo de caer por un desnivel na localidade lucense da Pontenova, segundo informou o Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia.

O suceso ocorreu no centro urbano da Pontenova ao redor das 18,00 horas da tarde deste venres nas proximidades do quilómetro 37 da estrada N-640.

Tras recibir o aviso por parte dun particular, o 112 puxo o caso en coñecemento dos bombeiros de Urxencias Médicas Galicia/061, os bombeiros de Barreiros e o GES da Pontenova, quen foron os encargados de rescatar á vítima, que foi posteriormente trasladada a un centro sanitario.

Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta