Talía Teatro presenta na Coruña a súa obra infantil 'Rosa Caramelo'

A compañía Talía Teatro presentará no Teatro do Andamio da Coruña o seu espectáculo infantil 'Rosa caramelo e outras historias', que ofrecerá tres pases esta fin de semana.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2017 | Actualizada ás 06:34 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A compañía Talía Teatro presentará no Teatro do Andamio da Coruña o seu espectáculo infantil 'Rosa caramelo e outras historias', que ofrecerá tres pases esta fin de semana.

Dirixido por Paula Carballeira, a montaxe está protagonizada polo actor Artur Trillo e o acordeonista Fernando Fraga. Os dous artistas combinan a palabra e a música nunha peza pensada para nenos de entre 4 e 8 anos de idade.

A obra presenta aos máis pequenos os relatos de Adela Turín, que comezou a publicar a súa colección de historias fabuladas hai máis de 30 anos e constitúe unha referencia internacional para a educación en igualdade.

Nesta obra, Talía Teatro leva a escea catro dos seus relatos máis populares: 'Rosa caramelo', 'A historia dos bonobos con lentes', 'Unha feliz catástrofe' e 'Artur e Clementina', todos eles publicados en galego, catalán e castelán pola editorial Kalandraka.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta