Temas: SUBVENCIóNS

Medio Rural deixa perder axudas públicas unha e outra vez

Axudas que se convocan en decembro, se resolven en novembro (11 meses despois) e que hai que xustificar antes de que remate o ano. Este é un do calendarios administrativos imposibles que xestionou nos últimos anos a Consellería de Medio Rural, neste caso para as axudas para a forestación.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 18/02/2017 | Actualizada ás 10:23

Comparte esta noticia

Este problema de mala xestión está a causar a perda de relevantes investimentos para o agro, pois os beneficiarios non teñen tempo de executar os traballos en tempo de entregar a xustificación. Así o explica un completo reportaxe de Campo Galego, o portal que informa do día a día do sector primario.

María Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Rural
María Ángeles Vázquez Mejuto, conselleira de Medio Rural

Trátase dun problema recorrente que, con diferentes variantes, tense dado nas axudas ligadas á Rede Natura, ás axudas para forestación, ás axudas para tratamentos silvícolas ou ás axudas para a prevención de incendios forestais. 

O desleixo administrativo é tal que no caso das axudas para a prevención de incendios forestais, varias comunidades de montes protestaron porque o lume arrasou as leiras antes de que a Xunta lle concedera os permisos para executar os traballos subvencionados.

E que di Medio Rural ante esta problemática? No caso das axudas contra o lume, a Consellería  argumentou ante as preguntas de GC que o proceso administrativo era novo e complexo, polo admite que o 20% dos beneficiarios non chegaron a tempo de realizar as labores antes de que empezase a tempada de alto risco.

No referido as axudas silvícolas, a Administración bótalle a culpa dos cartos non investidos  -había orzamento para 700 beneficiarios e só se aprobaron 444 axudas de 1.019 peticións- ás eivas das solicitudes.

Temas: SUBVENCIóNS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta