Temas: COMISIóNS CRISE

UXT e Comisións saen á rúa contra a suba dos prezos e a conxelación de soldos

Os dous principais sindicatos de ámbeto estatal contan co apoio do PSdeG nas manifestacións deste domingo. Horarios no interior.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2017 | Actualizada ás 22:03

Comparte esta noticia

Os sindicatos CCOO e UGT organizan protestas en varias cidades e vilas  (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para este domingo 19. As centrais denuncian que, mentres soben os prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade.

Manifestación de Comisións e UXT en Vigo
Manifestación de Comisións e UXT en Vigo

Os socialistas galegos confirmaron este sábado que participarán o domingo nas mobilizacións. Así, como informou o PSdeG a través dun comunicado, os seus cargos institucionais e orgánicos colaborarán na visibilización "dun problema de crecemento desigual e inxusto".

Na concentración de Santiago estará a presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, para criticar "a inacción do goberno" e "unha lexislación laboral que xera unha situación dramática para moitos desempregados e traballadores pobres".

Apelou á cidadanía a sumarse a esta cita a modo de protesta polo "encarecemento da vida" e a "subida alarmante", por exemplo, do prezo da luz, mentres se producen "recortes" en servizos públicos e a dereita fomenta "unha desigualdade cada vez maior".

MANIFESTACIÓNS

— Santiago: 12 h, Alameda-Praterías

— Ourense: 12 h, ao redor da Subdelegación do Goberno

CONCENTRACIÓNS

— A Coruña: 12 h, Delegación do Goberno

— Ferrol: 12 h, edificio da Xunta

— Lugo: 12 h, Subdelegación do Goberno

— Pontevedra: 12 h, Subdelegación do Goberno

— Vigo: 11.30 h, museo MARCO

Temas: COMISIóNS CRISE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Jajaja

Pero o sindicato do PSOE e o da Marea Podemos non votaran a favor de todo isto de que van agora

2 Agetas das targetas

Van sai a rúa, de ganchete do PP.

1 Antolín o dos cubatas

E a UPG-CIG onde anda?

1 comunista independentista

Pois iso, servíndolles os cubatas ao final, cos antolíns de barmans.