Campaña para que unha lei regule a igualdade do galego na vida cotiá

A Mesa lanza unha Iniciativa Lexislativa Popular para que unha norma acabe coa discriminación da lingua propia, por exemplo, nos servizos de atención telefónica ao cliente. Maceiras repite como presidente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2017 | Actualizada ás 21:25

Comparte esta noticia

A Mesa pola Normalización Lingüística presentou este sábado, no marco da súa asemblea xeral, a Iniciativa Lexislativa Popular para garantir os dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico. En concreto, a iniciativa pretende garantir materialmente --na práctica-- "o exercicio pleno do dereito a usar o galego para os consumidores e usuarios en todas as relacións".

Asistentes á Asemblea da Mesa no Mueo do Pobo
Asistentes á Asemblea da Mesa no Mueo do Pobo | Fonte: Suso Bermello Twitter

Esta ILP conta co apoio inicial de 120 persoas destacadas de diferentes ámbitos: académico, cultural, deportivo, empresarial, organizacións sindicais e de consumidores, etc.

Segundo sinalou o presidente da Mesa, Marcos Maceira, existen no Estado español "máis de 500 disposicións legais que garanten a presenza do español", concretamente, precisou, "200 delas só para o ámbito socioeconómico".

IGUALDADE ENTRE LINGUAS

Para o mesmo ámbito, continuou, as galegas e galegos só teñen recoñecido o dereito a empregalo, pero sen ter por que ser correspondido pola outra parte. "Queremos que o galego estea ao mesmo nivel, que sexa unha lingua para todo e que desaparezan as prácticas de chantaxe e as situacións de discriminación nas que se obriga a persoas a deixar de falar galego para recibir servizos ou atención, en moitos casos por empresas subcontratadas pola administración?", preguntouse Maceira.

Primeiros asinantes da ILP a prol do galego
Primeiros asinantes da ILP a prol do galego | Fonte: Suso Bermello Twitter

E é que, sinalou, a Mesa denunciou en 2016, a través do seu servizo 'A Liña do Galego', "335 casos de discriminación". Estes son, indicou o presidente, "só unha pequena parte dos miles que se producen cotidianamente".

A ILP pretende impulsar, tal e como explicou o presidente da Mesa, "un desenvolvemento legal que fixe o contido mínimo dos dereitos lingüísticos nas relacións comerciais", xa que, proseguiu, "a súa inexistencia provoca continuamente situacións de vulnerabilidade e indefensión".

Esta desregulación, proseguiu, afecta tamén aos traballadores e ás traballadoras do ámbito da atención ao público, a quen, nalgúns casos, "impónselles o deber de empregar tan só unha lingua cooficial: o castelán".

"Ou, como se viu nalgún caso recente, padecen as consecuencias da deslocalización en servizos que, coa exclusión do galego, poden ser prestados desde lugares moi afastados de Galicia", relatou.

Acto seguido, asegurou que mesmo as empresas que queren desenvolver en galego toda a súa actividade "atopan innumerables trabas legais e administrativas".

CAMPAÑA SOCIAL

A Mesa comezará unha campaña co obxectivo de reunir miles de firmas en toda Galicia durante o próximos catro meses. Para o presidente da Mesa, a sociedade galega foi a que "conquistou os pequenos avances que tivo o galego" e, por iso, "é hora de avanzar máis".

Entre os aspectos que recolle esta ILP atópase "o recoñecemento pleno do dereito á atención en galego, a recibir en galego calquera información, avisos ou instrucións; e a dispor de contratos e formularios en galego".

Así mesmo, recóllese o respecto pola toponimia galega, "única legal e oficial", e o dereito á opción de galego na teleatención. Pero ademais, a ILP contempla que "as administracións públicas dean exemplo ao contratar servizos, garantindo a capacidade de entender e atender en galego".

NOVA DIRECTIVA DA MESA

Por outra parte, a Asemblea reunida no Museo do Pobo unha nova Comisión Permanente cuxa composición pasará de 7 a 9 persoas. O presidente sigue sendo Marcos Maceira Eiras (xestor cultural, Santiago); vicepresidenta: Elsa Quintas Alborés (Avogada, Vigo); secretaria Xeral: Mónica Pazos (Profesora, Foz); Coordinador de zonas: Paulo Filgueiras Fachal ( Profesor, Miño); Celia Armas García (Profesora, A Coruña); Xosé María Cotelo ( técnico aeroporto, A Laracha); Manuel Rei Romeu (Profesor, Pontedeume) e Susana Méndez García (Enfermeira, Punxín).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 20 comentarios

2 Victor do Ribeiro

Estamos de acordo. Hai que empezar a rotular nos dos idiomas oficiais nas dependencias da Xunta e dos concellos, e lo mesmo cos escritos e as resolucións. Bilingüismo xa.

1 Víctor Valdeorras/Vallehoras

E en las botellas do Ribeiro/Ribero/Rivera!

2 Victor do Ribeiro

No hay problema, las botellas de Ribeiro todo el mundo las rotula ya en español. Faltaría más.

3 Garcia de Podente

Enton ti non queres bilinguismo, ti estas polo español. O teu problema non era pedir bilinguismo se non que estas por primar o monolinguismo en español (asi non te incomodas). Que facil detectar a mentira dos falsos bilingues.

4 Victor do Ribeiro

Confundes lo privado con lo público, típico de la gente como tú que cuando estuvo en el poder lo primero que hizo fue irse de mulatas/os y mojitos a Cuba con dinero público para "promocionar a cultura galega". Si los del BNG fuerais capaces de fabricar algo podriaís rotularlo en el idioma que quisierais, gallego, alemán o serbo-croata. Pero en la administración gallega lo evidente y tolerante es rotular TODO en dos idiomas. ¿Lo entiendes o te lo vuelvo a explicar?

5 Nefelibata

Esa é unha acusación moi grave. Se tes probas debes de acudir á Xustiza e de non telas, prego aos moderadores da web que lembren o que son as inxurias e as calumnias. ¿Lo entiedes o te lo vuelvo a explicar? Por certo, parabéns pola cervantina expresión. Vuélvemelo a explicar neno... No te lo entendí.

1 nostrus

Co que habia que acabar dunha p.ta vez é co concepto "lingua propia", termo excluinte e chantaxista e sin ningun valor xurídico, co mesmo grao de absurdidez que si atoparamos un ponte romano e outro contemporáneo e no que se indicara que debemos cruzar pola ponte romana porque é a "ponte propia", cando en realidade é a persona a que decide porque ponte cruzar. E xa que se trata de dereitos lingüisticos que empecen porque toda a rotulacion urbana e de edificios estea alomenos na lingua oficial comun a todos os españoles, primando a boa comprension e comunicacion entre as personas porriba das manias identitarias e pallas mentales dos nacionáticos. A Mesa é unha organoizacion feixista que ten como obxetivo e evanxelizacion no galego a toda a humanidade, si pudera, claro.

1 M. Meixide

E logo tiramos ou deixamos caer a ponte romana? E, ti que tanto sabes, dime como conservamos a ponte da língua? Sen falantes? Sen igualar dereitos! Sen reparar danos históricos? Sen discriminación positiva? Sen axudas? Ben, a ti o que che prace é "primar" a língua "oficial común a todos os españoles", pois na túa suprema mente ilustrada como ultranacionalista español as línguas diferentes do castelán proenche moito... Ou andas a animar os comentarios, triste en calquera caso!

2 Nefelibata

Tes razón, en Galicia na Idade Media xa se falaba en castelán con acento andaluz. Iso de las cantigas galaico-portuguesas te las inventaron los nazionalistas que no te tenían nada que hacer los pobriños. Encántanme as túas analoxías Nostrus, calquer profesor de oratoria as pode utilizar para explicar todas as falacias argumentativas. Eu xa postos a escoller pontes, quédome co Bridgiño de Brooklyn...

3 Nefelibata

Enténdelo ti? Por certo, agardo que sexas parte xa dalgunha asociación ou foro de defensa do español en Estados Unidos ou é que ti alí estarías do lado dos que o critican e atacan? Seguindo o teu razoamento falaz poderiamos chegar á conclusión que é mellor rotular en inglés, xa que pertencemos á UE e está é a lingua franca desta. Déixoche un enlace a ver se melloras algo as túas argumentacións: https://es.wikipedia.org/wiki/Falac... E moitos ánimos. Un día tan fermoso que nos achega á primavera e ti pegado a un ordenador... A ver canto tardades en responder... Vivo sen vivir en min.