Protesta contra unha liña de alta tensión que atravesará cinco concellos

A ampliación dunha subestación e a construción dunha nova liña eléctrica tería por fin exportar enerxía e abastecer industrias, advirte un profesor de Economía Aplicada na USC.

Por Galicia Confidencial | Betanzos | 19/02/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

“Quen quere vivir cerca destas liñas? Mesmo os técnicos de Rede Eléctrica Española confesáronnos que non”, dixo Marta Galán, portavoz de plataforma As Mariñas Sen Liña de Alta Tensión, na presentación este sábado deste colectivo na Asociación de Veciños Santa María A Ribeira, en Betanzos.

Plataforma As Mariñas Sen Liña de Alta Tensión n na Asociación de Veciños Santa María A Ribeira, en Betanzos
Plataforma As Mariñas Sen Liña de Alta Tensión n na Asociación de Veciños Santa María A Ribeira, en Betanzos

Nunha asemblea informativa para afectados e veciños, na que tamén participaron Xoán Doldán, profesor de Economía Aplicada na USC e presidente da Asociación Véspera de Nada; e Ana Varela, xurista e secretaria da Asociación Petón do Lobo, a plataforma advertiu dos efectos medioambientais, para a saúde e tamén paisaxísticos do plan de Red Eléctrica Española (REE), e cuestionou a necesidade de que se leve adiante tal proxecto.

REE pretende instalar nunha área de entre 12 e 16 hectáreas do concello de Abegondo unha subestación para subministrar electricidade á comarca da Coruña. O tendido, duns 32 quilómetros de lonxitude e con piares cada 500 metros, segundo explicaron membros da plataforma, atravesará cinco concellos. A plataforma sospeita que mesmo estean proxectados dous corredores rodeando o monte Xalo cara a Coruña.

A plataforma fórmase, segundo indicaron, pola falta de información pública sobre os impactos do plan de REE. E sinalaron que a primeira acción de oposición ao proxecto xa se está levando a cabo a través dunha campaña de alegacións ás novas directrices de ordenación da paisaxe, alegacións que s

Doldán suxeriu que o proxecto de subestación de REE en Abegondo está relacionado con modificacións na xa existente en Mesón do Vento, e que teñen que ver con que as redes “fanse para traer a enerxía ás casas, pero tamén para levala fóra, así que parte destas infraestruturas estarían pensadas non para as necesidades propias de Galicia”.

A ampliación de Mesón do Vento respondería a novos proxectos de evacuación de electricidade, dixo Doldán, que se mostrou sorprendido de que a memoria económica do plan subliñe que a inversión en Abegondo se amortizaría en dous anos. Tamén advertiu que “REE fala de apoios á demanda industrial da Coruña, non ao consumo doméstico, como se está vendendo”. E recordou que a infraestrutura de Abegondo se inxire nun plan máis amplo, e que a clave podería estar na actuación proxectada entre Dumbría-Mesón do Vento para dar saída a produción de Ferroatlántica, “para evacuar máis electricidade”. Abegondo estaría destinada a aliviar a carga da estación de Mesón, que podería ter que soportar a saída cara a Portugal -xunto a outras actuacións que se están planificando no sur de Galicia-.

Ana Varela, da Asociación Petón do Lobo, animou á veciñanza a participar mediante alegacións no borrador das directrices da paisaxe. “Trátase de garantir que os usos que se elixiron para as diferentes paisaxes, que se decidiron por participación cidadá”, explicou. “Solicitade a protección da paisaxe desa reserva da biosfera afectada por ese plan de REE, é un arma poderosa porque as directrices están por riba de calquera outro plan”, insistiu Varela. O prazo remata o 2 de marzo. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta