UGT e CC.OO. convocan mobilizacións para este domingo en toda Galicia "por uns salarios e emprego dignos"

Os sindicatos UGT e CC.OO. chaman a mobilizarse este domingo, día 19 de febreiro, en varias localidades galegas para reivindicar "uns salarios e emprego dignos".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2017 | Actualizada ás 06:32 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os sindicatos UGT e CC.OO. chaman a mobilizarse este domingo, día 19 de febreiro, en varias localidades galegas para reivindicar "uns salarios e emprego dignos".

En concreto, ás 12,00 horas está prevista unha manifestación que partirá da Alameda compostelá. Á mesma hora están fixadas concentracións na Coruña (diante da Delegación do Goberno), Ferrol (xunto ao edificio da Xunta), Lugo (Subdelegación do Goberno), Ourense (Subdelegación do Goberno) e Pontevedra (Subdelegación do Goberno), mentres que a de Vigo será ás 11,30 horas xunto ao Marco.

CC.OO. e UGT subliñan que nos últimos anos a cidadanía "tivo que afrontar a perda progresiva de poder adquisitivo dos salarios, das pensións e das rendas de protección", o que xera, segundo sosteñen, "un crecemento sostido da desigualdade".

"Isto é consecuencia do forte aumento do desemprego e da xeralización da precariedade laboral, así como da subida dos prezos das subministracións básicas, electricidade, gas e auga".

Por iso, consideran que "os gobernos non poden mirar para outro lado e as organizacións patronais tampouco". "Son culpables do que pasa, da subida incontrolada dos prezos, da perda de poder de compra dos salarios, das pensións e das rendas de protección", segundo destacan.

Por todo iso, UGT e CC.OO. chaman á cidadanía galega a saír á rúa este domingo "contra o encarecemento da vida, especialmente contra a subida dos servizos básicos esenciais".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta