Derbi na Raña para o COB

Ourense gaña 78-86 a Marín grazas a un parcial de 2-15 nos minutos decisivos do último cuarto. Os ourensáns suman a 14ª vitoria na súa loita por entrar no play-off e o Peixe Galego mantense fóra do descenso polo mellor basket-average co Magia Huesca.

Por gcdeportes | Marín | 19/02/2017 | Actualizada ás 09:25

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Marín Peixe Galego 78:
Jorge Romero (10), Andrés Miso (10), Tim Derksen (13), Marc Bauzá (7), Javi Múgica (8) –cinco inicial- Jason Cain (9), Gabe Rogers (10), Manu Ferreiro (8), Gregorio Adón (3) e Albert Homs (0).
Ourense Provincia Termal 86: Christian Díaz (17), Mitrovic (25), Jukic (2), Dmitry Flis (8), Devin Wright (3) -cinco inicial- Fran Guerra (14), Kapelan (10), Tomás Fernández (5), Kyle Hittle (0) e Martín Rodríguez (2).
Parciais: 20-18, 21-23 (41-41), 16-25, 21-20 (78-86).
Árbitros: Juan Morales García-Alcaide e Alfonso Olivares Iglesias. Sen eliminados.
Incidencias: partido da 24ª xornada da LEB Ouro disputado no pavillón da Raña.

Gabe Rogers, última fichaxe marinense, entre xogadores ourensáns.
Gabe Rogers, última fichaxe marinense, entre xogadores ourensáns. | Fonte: Diego Torrado (pontevedraviva.com)

Gañara os tres últimos partidos na Raña, pero non puido o Peixe Galego co COB nun novo derbi galego na LEB Ouro. Máxima igualdade na primeira parte (41-41), pero Ourense impúxose no último cuarto, cun parcial de 2-15 nos minutos decisivos. Pasouse dun 67-69 un 69-84 en apenas catro minutos. Ao final, 78-86. Marín sumou 8/27 en triplas (30%) e Ourense foise ata case o 50% de acerto (12/25). O COB suma a 14ª vitoria na súa loita por entrar no play-off de ascenso e Marín mantense fóra dos postos de descenso, pero agora empatado con Magia Huesca, que gañou 71-75 a Araberri.

Arrincaron con forza os de Javi Llorente grazas a dúas triplas de Jorge Romero (8-1), pero Mitrovic e as triplas de Flis e Christian Díaz déronlle a volta ao marcador (14-16). Marín parou o partido e reaccionou cunha tripla de Miso. Ao final do primeiro cuarto, 20-18. Intercambio de canastras e igualdade no segundo asalto. Con catro tiros libres, Marín púxose 36-32, pero ´COB acadou un parcial de 0-7 e todo estaba por decidir ao descanso (41-41).

A igualdade mantívose na reanudación, malia tres triplas consecutivas de Ourense (dúas de Mitrovic e Christian Díaz). Mitrovic sumou outra dende 6,75, e outra máis Fran Guerra, e outra Kapelan, e os ourensáns abriron unha fenda no marcador a base de triplas (seis no terceiro cuarto), para un 57-66 ao remate do terceiro cuarto.

Os marinenses non se renderon e volveron achegarse no marcador coas triplas de Andrés Miso e Goyo Adón (67-69), pero acusaron o esforzo e Ourense, da man de Christian Díaz (terceira tripla), sentenciou cun parcial de 2-15 en apenas catro minutos. Con 69-84, Marín maquillou o resultado ata o 78-86 final.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta