Barreiro (PP) asegura que a sentenza do Caso Nóos "contribúe a afianzar o Estado de Dereito"

Pedirá a Feijóo que se volva a presentar en Galicia e apunta a Mariano Rajoy como "o líder máis importante" de Europa

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/02/2017 | Actualizada ás 18:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, indicou que a sentenza do Caso Nóos, dada a coñecer o pasado venres, "contribúe a afianzar o Estado de Dereito", á vez que defendeu a Xustiza española porque "actúa con total independencia e non analiza nomes, apelidos nin cargos".

Nunha entrevista na Cadea Ser recollida por Europa Press, Barreiro sinalou que lle pedirá ao titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que se volva a presentar en Galicia "chegado o momento", á vez que asegurou que o presidente do Goberno, Mariano Rajoy, é o "líder máis importante que hai" na "contorna" europea.

Así, manifestou que "a práctica totalidade do partido pediralle" a Feijóo "que volva presentarse en Galicia", aínda que matizou que "facer en política prognósticos a catro anos é falar por falar".

Así mesmo, enxalzou o "liderado" de Rajoy no PP, xa que "España era un país case en situación de quebra, pero cun sacrificio da sociedade e un liderado político pasamos de ser o problema de Europa a ser a solución de Europa".

"Hoxe Mariano Rajoy é o líder do PP e eu creo que é o líder máis importante que hai na nosa contorna europea", apostilou Barreiro.

O portavoz popular no Senado tamén se referiu ao Caso Gürtel, no que asegurou que o PP "fixo o que tiña que facer". "Ningún partido actúa coa claridade e a rotundidade coa que actuou o PP", engadiu.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta