Por GC Tendencias | Lalín | 19/02/2017 | Actualizada ás 21:05
O humorista, actor e presentador, Roberto Vilar, foi o pregoeiro no día grande, que se celebra este 19 de febreiro. A parroquia de Zobra recibiu a Distinción Aldea Singular.
Onte sábado houbo unha exhibición de cociña por parte Kike Piñeiro, (Premio Nacional de Gastronomía) e Eloy Cancela, chefs do restaurante compostelán A Horta do Obradoiro, que defenderon ante o público de Lalín que “o cocido é tradición, pero tamén se lle pode dar un toque de modernidade”. A TVG emitiu o seu programa Aquí Galicia en directo dende a vila e o Lúar tamén estivo adicado á celebración.
O tradicional desfile e os cantos de taberna foron outros dos puntos álxidos dunha fin de semana de troula, tradición e gastronomía. O alcalde, Rafael Cuíña (Compromiso x Galicia); a presidenta da Deputación Carmela Silva (PSdeG) e a líder do Bloque Ana Pontón foron algúns dos políticos que se deixaron ver nas concurridas rúas dezanas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.