A Xunta reprocha a Marea Atlántica non pasar "do papel" nos seus compromisos sobre o uso de pisos desocupados

Insta de novo ás cidades de Vigo e A Coruña, e tamén aos propietarios, a sumarse ao seu programa de vivendas baleiras

A CORUÑA | 20/02/2017 | Actualizada ás 14:00 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, reprochou á Marea Atlántica non pasar " do papel" nos compromisos fixados no seu programa electoral sobre o uso de pisos desocupados na cidade.

Tras a firma dun convenio co Colexio Autonómico de Axentes da Propiedade Inmobiliaria, a conselleira volveu a instar á cidade herculina e tamén á de Vigo a sumarse ao programa autonómico de vivendas baleiras destinado a crear unha bolsa de pisos con aluguer social.

A preguntas dos xornalistas, no caso concreto da cidade herculina, sinalou que a Marea Atlántica, no seu programa electoral, "facía referencia a que había 19.000 vivendas desocupadas". "O certo é que non pasaron do papel", sentenciou ao cuestionar a súa política nesta materia.

Ademais, reprochou ao executivo local estar "pasivos ante o problema da vivenda", mentres que lle lembrou que gobernos con "cores políticas afíns" á Marea Atlántica sumáronse ao programa da Xunta. Entre elas, citou Santiago de Compostela e Sada.

"Necesitamos que se adhiran grandes cidades como Vigo e A Coruña", admitiu tamén a conselleira, quen lembrou que son xa 32 os concellos que se sumaron a este programa.

COLABORACIÓN DOS PROPIETARIOS

Mentres, sobre o acordo asinado co decano do Colexio Autonómico de Axentes da Propiedade Inmobiliaria, Herminio Carballido, explicou que se busca promover a cooperación para animar aos propietarios de vivendas baleiras a sumarse á iniciativa impulsada desde a Xunta.

Ademais, subliñou que as vivendas que se incorporen terán seguro multiriesgo do fogar e outro de garantía de cobro da renda, con asistencia e defensa xurídica.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta