Feridas dúas persoas tras saírse da vía un vehículo e impactar contra un muro en Boqueixón (A Coruña)

A dúas persoa que viaxaban nun turismo resultaron feridas este luns tras saírse da vía o seu vehículo e impactar contra un muro no termo municipal de Boqueixón (A Coruña).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2017 | Actualizada ás 14:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A dúas persoa que viaxaban nun turismo resultaron feridas este luns tras saírse da vía o seu vehículo e impactar contra un muro no termo municipal de Boqueixón (A Coruña).

Segundo informou o 112 Galicia, o accidente ocorreu na estrada que une Santa Lucía co polígono, á altura da ponte da vía do tren, no municipio de Boqueixón.

O 112 Galicia, tras recibir o aviso dun particular sobre as 10,00 horas deste luns, alertou a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e a Protección Civil de Boqueixón.

En concreto, segundo sinalaron a Europa Press fontes sanitarias, o 061 desprazou ao lugar unha ambulancia asistencial que levou ao Hospital A Rosaleda a dúas mulleres, A.D.A,, de 37 anos, e A.J.B., de 28.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta