Rosalía & Raül Refree, Joe Crepúsculo e Os Amigos dos Músicos, novas confirmacións para o Atlantic Fest

Rosalía & Raül Refree, Joe Crepúsculo e Os Amigos dos Músicos son as novas confirmacións para o Atlantic Fest, que se celebrará os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo na Illa de Arousa (Pontevedra).

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/02/2017 | Actualizada ás 14:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Rosalía & Raül Refree, Joe Crepúsculo e Os Amigos dos Músicos son as novas confirmacións para o Atlantic Fest, que se celebrará os días 30 de xuño, 1 e 2 de xullo na Illa de Arousa (Pontevedra).

Destas formas, estes nomes, que anunciou este luns a organización do festival, únense aos xa confirmados The Temper Trap e Los Planetas.

O día 30 de xuño Rosalía e Raül Refree actuarán no escenario 'Turismo Rías Baixas' (Auditorio) de Atlantic Fest presentando 'Los Ángeles', un disco que se presenta como "toda unha revolución musical" no que flamenco e experimentación "danse a man".

Rosalía é unha das voces máis prometedoras e persoais do flamenco actual, segundo destacan os organizadores, e Raül Refree, un dos nomes de referencia da produción.

Mentres, 'Disco Duro' é o nome do oitavo disco de Joe Crepúsculo, que acaba de ver a luz e será presentado o próximo 1 de xullo no escenario 'Son Estrella Galicia' de Atlantic Fest.

"Musicalmente, toman o poder os sintetizadores analóxicos, e os órganos e ecos de cinta, pero tamén os sons máis modernos", sinalan os responsables do festival.

Os Amigos dos Músicos teñen referentes na canción popular galega e en autores como Curros Enríquez, Suso Vaamonde, Manuel María e Luís Emilio Batallán.

Con tan só un disco, fixéronse xa cun oco na escena galega, viraron por todo o territorio estatal e serán os encargados de abrir o escenario 'Turismo Rías Baixas' o día 30 de xuño.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta