O alcalde de Pontevedra, aberto a un pacto de gobernabilidade coa Marea

Miguel Anxo Fernández Lores anuncia que o BNG está disposto a deixar de lado as cuestións conflitivas e buscar os puntos de encontro, tralo ofrecemento de En Marea Pontevedra para chegar a acordos sen liñas vermellas.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 20/02/2017 | Actualizada ás 17:56

Comparte esta noticia

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, indicou que o grupo municipal do BNG está aberto a un pacto de gobernabilidade en beneficio da cidade con forzas que poidan ser afíns, como é o caso da Marea.

Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra | Fonte: Pontevedraviva.com

O rexedor valorou este luns como un paso positivo o ofrecemento de Marea Pontevedra para tentar chegar a un acordo que permita un pacto de goberno co BNG no municipio. Así, destacou o "cambio de actitude" de Marea desde que facilitou a aprobación dos orzamentos. "Nós estamos abertos a unha colaboración máis estable", dixo Fernández Lores, para engadir que nas últimas semanas se produciron contactos regulares e normais, "sen chegar a unha relación estable". "En Galicia somos moi clásicos, hai escarceos e despois hai acordo ou non", chanceou.

"Temos unha relación máis fluída con contactiños", engadiu o rexedor, tras o que afirmou que, a pesar de anteriores desencontros, o obxectivo é deixar de lado as cuestións conflitivas e buscar os puntos de encontro.

Sen abandonar o ton humorístico, Fernández Lores apuntou que "as relacións serias leva tempo chegar a elas", mentres que "os escarceos amorosos son máis variados e de distinta intensidade".

POSICIÓN DA MAREA

Pola súa banda, o portavoz de Marea Pontevedra, Luís Rei, asegurou que a proposta realizada pola súa agrupación se debe a que non se conforman con realizar un labor de "oposición estéril, fiscalizadora do labor de goberno".

Nesta liña, sinalou que se atopan satisfeitos por lograr que o orzamento municipal realizase "unha viraxe cara á xustiza social" e, por este motivo, emprazaron ao grupo de goberno a testar as posibilidades dun acordo beneficioso para a cidade que garanta a gobernabilidade no que resta de mandato.

Sobre os próximos encontros coa agrupación nacionalista, Rei limitouse a dicir que a oferta se lanzou e que agora depende de que a recollan desde o BNG.

O portavoz de Marea Pontevedra indicou que non van establecer liñas vermellas para chegar a acordo, pero si será necesario que se concreten eixos cos que se comprometeron cos seus electores, afirmando que, en todo caso, non pretenden impor o seu programa electoral a un grupo máis numeroso.

Luís Rei rexeitou que para esta proposta influísen dirixentes da súa agrupación en Santiago e tamén que, como lle acusan outros grupos da oposición, se deba ao interese por obter salarios municipais. "Buscamos un pacto que beneficie a Pontevedra", concluíu

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 12 comentarios

4 Un de Pontevedra

Ide aprendendo como se xestiona para a población, se se fai da man coa Marea mellor todavía, cós seus 2 concelleiros poden ter a sua área de goberno e demostrar o seu facer a parte de criticar e enmerdar, que se deixen uns e outros de facerlle o traballo sucio o PP e PSOE. O maior problema de Galiza e a demografia, un auténtico problema a medio plazo, Pontevedra é a cidade galega con un índice de natalidade máis alto e en aumento, a única cidade que gaña población e que consegue frear o abandono das súas zonas rurales, ogalla se consega isto en toda Galiza, a xestión de este Concello é o camiño a seguir.

3 PoltronasBNG

Lores empeza a ver a cousa f. e hai que manter o postiño e aos enchufados do partido e o sindicato.

2 Guillerme Gintonic

Pero non decía a Poltrona que as Mareas eran o peor do peor?

1 Mareas calamidade

Non neniño, non. Tes defice de comprensión lectora. O que dixo Ana é que xestionades mal. Pero isto non vai ser problema porque en Pontevedra, como moito, levaredes a concellaria de circos, teatriyos e benestar vexetal.

2 Razamondelle

De maneira ningunha! Que non lle quiten os touros al BNG, perdería a esencia nacional!!! Española, por suposto!!!! Por certo a tal Ana pinta pouco, moi boa para incendiar, pero cala cando lle preguntan polo acordo: non lle interesa, o entendemento calma odios, e a tal Ana e ao seu circo de ananos gústalles provocar e encirrar. Triste papel de pose de guerrillera a cambio de mantenta: único oficio conocido da tal Ana: samesuga, enchufada desde a adolescencia polo aparato do BNG. Único obxetivo: non perder a teta, que arda Galiza e que se acribillen a navalladas os nacionalistas galegos. A tal Ana afía navallas e bota gasolina, vaille no soldo!!!

3 Ola loquito

Te tomastes la pastillita

1 Parada do Sil

BNG ama En Marea, En Marea quere o BNG!!! Temos máis en común do que nós separa, dixo o amado líder duns; buscar encontro, retrucou o outro. Que farán agora os Balbino, *vieiras, pastillita, Nefelibata, LKI, Comunista Independentista, FRPG... e demais taparrabos de partido? Un día doloroso para os parasitas e taparrabos! E para a prensa incendiaria, provocadora e miserenta! Os interesados nas navalladas perdendo, e segue o xogo!

1 Ola loquito

Te tomastes la pastillita

2 Balbino

Grazas por acordarte de min, pero alégrome da nova, só falta que quiten o Luis Rei e poñan a alguén competente, se defender unha equipa de goberno que está a facer as cousas ben sen ir de roturista teño que confesar que son un taparrabos.

3 La pastillita loqui

Lla se sabia queras tu loquito que te pongan a ti de conceghal de aparcar en las aceras

4 O aparcante

Que me lo expliquen. Hai xente para todo: Para facer de "pastillita" troleira, sacarse medio encoirado foros en Pekín, ser un liberado con soldo de xubilado franquista, colocar aos amigos, valer de apalpador e máis facer o exipicio. Xentiña!

5 Paga por aparcar pesado

E ti para estar sempre coa mesma cantinela cobras ou que