Localizado en bo estado o fillo menor dos falecidos nunha explosión en Redondela

Os servizos de emerxencias confirmaron que o fillo de 8 anos dos falecidos este luns na explosión dunha vivenda en Redondela (Pontevedra) foi localizado en bo estado.

Redondela | 20/02/2017 | Actualizada ás 23:10 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencias confirmaron que o fillo de 8 anos dos falecidos este luns na explosión dunha vivenda en Redondela (Pontevedra) foi localizado en bo estado.

Tras rexistrarse a explosión e o posterior incendio, no que faleceu unha muller e a súa exparella, a Policía Local iniciou os trámites para localizar ao fillo de 8 anos dos falecidos, ante o temor de que puidese estar na vivenda.

Segundo confirmaron a Europa Press fontes próximas á investigación, os falecidos teñen "varios fillos", entre eles un menor de 8 anos do que se descoñecía o paradoiro.

Finalmente, foi localizado en bo estado en casa dos seus avós e confírmase que no momento da explosión na vivenda atopábanse unicamente os falecidos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta