As mulleres asasinadas na Guerra Civil

O historiador Bernardo Máiz estima que foron asasinadas durante o conflito un total de 86 mulleres en toda Galicia. "Unha boa mostra do compromiso feminino nesa terra coa democracia e a República", suliña.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 21/02/2017 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Amada García foi unha desas mozas asasinadas en Ferrol durante a Guerra Civil. Acusárona de ser xefa comunista cando estaba preñada.  Prendérona  por orde xudicial en abril do 1937 e xa non saíu máis. Foi asasinada cando outros sete republicanos  o 27 de xaneiro do 1938. 

Amada García Rodríguez, fusilada no 36 en Ferrol
Amada García Rodríguez, fusilada no 36 en Ferrol

O historiador Bernardo Máiz acaba de publicar “Amada García e os seus arredores”, un libro no que narra a historia desta muller e a represión franquista na comarca de Ferrolterra. O día 2 de marzo é a presentación en Pontedeume, o 9 en Vigo, o 16 en Santiago e o 23 na Coruña. Nunha entrevista na web Historia de Galicia, Máiz fala sobre a triste historia desta loitadora e sobre as penalidades que tivo que pasar ela e as mulleres republicanas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

5 Elvira

Hai xente para todo, mesmo para perder o tempo. Fun alumna de Bernardo Maiz e nunca esquencerei o que con el aprendín, non só de historia, pois descubrinme como persoa e como cidadá galega. Lin xa o libro sobre Amada García, un estudio magnífico. Eses que critican e que seguro que non se atreven a decirllle nada á cara, mellor que calen a boquiña e aprendan de Bernardo Maiz, tan excelente historiador como persoa íntegra.

4 inflan

Bernardo Máiz é un home entrañable, historiador comprometido e militante coherente e inconformista, que nunca se pregou ós que mandan, nin en Galicia nin fóra dela. E non falo coma outros de oídas: coñézoo desde hai 35 anos. Todo o meu respecto e admiración pola súa traxectoria, o seu traballo e consistencia na loita, a pesar dos avatares da vida. Parabéns e graciñas, Bernardo!

3 Tiago

El hecho de ser ejecutadas, aunque fuera muy injusto, no las convierte en defensa de nada bueno. Por ejemplo, si fueran comunistas

2 AFC

Maiz, lamento dicilo, non me parece alguén de moita fiabilidade. É moi coñecido que na súa obra Galicia na Segunda República e baixo o Franquismo, afirma sen ningún tipo de probas que na comarca de Ferrol fusilouse entre xullo e decembro de 1936 a 2.324 persoas. Anos depois, Xosé Manuel Suárez en O alzamento de 1936 no norte da provincia da Coruña, inserta unha relación con nomes e apelidos das 515 persoas fusiladas ou paseada nese período...

1 MAMORIA HISTÓRICA

Este Maiz é un radicaliño que se prestou a ser perito de delincuentes de Resistencia Galega e foi expulsado con outro perito da sala de vistas da Audiencia Nacional ¿Que vai dicir? Democracia nas eleccións do 16 de febrero do 36 e no Santo Pucheirazo... Con un par.

1 Eu mesmo

Falou o alter ego de Pío Moa