A Xunta prepara un plan para fomentar o galego entre a mocidade porque hai “carencias”

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, recoñece que hai un "problema de uso" da lingua propia entre os máis novos.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/02/2017 | Actualizada ás 13:34

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, avanzou este martes que o Goberno galego está a traballar para pór en marcha un plan de fomento do uso do galego entre a mocidade, consciente de que existen "carencias" no nivel de utilización entre os máis novos. Así o dixo tras participar xunto co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na celebración do Día Internacional da Lingua Materna nunha escola infantil de Santiago.

Celebración do Día Internacional da Lingua Materna nunha escola infantil de Santiago
Celebración do Día Internacional da Lingua Materna nunha escola infantil de Santiago | Fonte: Europa Press.

Tras puntualizar que o "problema" non é "de coñecemento, senón de uso", puxo en valor os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) reflicten que actualmente se logrou "o máximo nivel de coñecemento" da lingua propia.

Do que non existen datos, como referiu a preguntas dos xornalistas, é sobre cal é a lingua materna predominante en Galicia. "En determinados espazos fálase máis galego e noutros, máis castelán", resolveu.

Dito isto, o titular de Educación apostou por "fomentar, estimular" que o galego se utilice en Galicia "como primeira lingua" aínda que "sempre desde a liberdade". "Non se pode entender Galicia sen o galego, pero tampouco só en galego", recalcou.

Ao fío diso, resaltou que o galego abre as portas ao mundo da lusofonía, mentres o castelán nos conecta con centos de millóns de falantes en todo o mundo. "E se engadimos o inglés, estamos a preparar aos mozos para estar nun mundo cada vez máis globalizado e no que o uso das linguas vai ser moi necesario", finalizou.

LINGUA MATERNA

Tras destacar Román Rodríguez a importancia da lingua materna, o titular de Política Social profundou na importancia de celebrar este día.

A iso sumou o valor das linguas e "o respecto aos pais pola elección da lingua que queren para os seus fillos", así como a oferta "desde o cero anos" de que os nenos poidan aprender "varias linguas".

De feito, no encontro cos nenos na 'Galiña Azul', Rey Varela animounos a "aprender moitos idiomas", mentres Román Rodríguez lles explicou que a súa gardaría toma o seu nome dun dos primeiros contos en galego, escrito por Carlos Casares en 1958.

Despois de recibir un sonoro 'si' á súa pregunta de se sabían contos en galego, pediu aos pequenos falar "cantos máis idiomas, mellor", pero "primeiro" na lingua propia.

O colofón ao acto púxoo a actuación de Pablo Díaz, un grupo que interpretou varias pezas infantís que arrincaron un bo número de aplausos entre os máis pequenos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 nostrus

Eu creo que non hai ninguha necesidade de evanxelizar a poboacion co galego, sinon garantir que o fale aquel que queira, ¿para que se precisa que o falen mais dos que queiran?. Por outra banda asociar o dia da lingua materna ao galego é un acto totalitario porque hai moitos galegos que a lingua materna non é o galego. E o galego non é a lingua propia dos galegos, tan só é dos galegos que a teñen como tal (mais ou menos a metade).

1 Eu também sou Facha

Eu creo que non hai ninguha necesidade de discriminar positivamente ás mulleres, sinon garantir que destaque aquela que queira, ¿para que se precisa que destaquen mais das que queiran?. Por outra banda asociar o dia da igualdade humana á muller é un acto totalitario porque hai moitos humanos que non son mulleres. E as mulleres non son o sexo propio dos galegos, tan só é dos galegos que o teñen como tal (mais ou menos a metade).

2 Nexus 6

Pues sí, por el trasfondo de lo que dices sí que eres facha. Justificas políticas totalitarias que implican situaciones de uso obligado de una lengua sobre otra, sin tener en cuenta la libertad y los derechos de las personas. Por otra parte comparas a las mujeres, que son personas y sujetos con derechos y deberes, con una lengua, que no es más que un objeto, una creación humana cuyo único fin es la comunicación. Las mujeres y los hombres tienen derechos y deberes, las lenguas y los objetos, no. Para las personas cabe discriminación positiva para que puedan ejercer sus derechos y libertades, para las lenguas, no. No por ser gallego tiene que gustarme tocar la gaita, comer pulpo o ir a la Catedral de Santiago. Nada que objetar de promociones de la lengua o de fa rrapos de gaita. Pero ningún fa cha puede obligarme a tocar la gaita, comer pulpo, ir a la Catedral…o falar jallejo. Heil fa cha naZionalista

3 teutonio

Exactamente nostrus, pero primeiro haberá que lograr que os falantes non sufran as consecuencias de empregar o galego, ou mudar a este, prexuízos e marcas negativas, que teñan espazos onde poder empregalo, que poidan chegar a querer utilizalo porque non o ven como algo alleo e sen utilidade, que teñan un coñecemento mínimo pra sentirse cómodos e que desenvolvan unha maior empatía polas linguas minorizadas e a diversidade lingüística. Nexus 6, de que "situaciones de uso obligado" se fala na nova?, que persoa con autoridade che obrigou a falar galego? os falantes de galego ou urdu temos dereitos e deberes, uns máis que outros..

4 Outro aínda máis Facha

Por eso El Único y Verdadero idioma obligatorio es el castellano. Y punto (ráscate si te pica!). Y como los idiomas los hablan las cosas (vease mesas, sillas, bacenillas y palanganas, por ejemplo ilustrativo), no tienen derechos, otra gallina cantaría si las personas hablaran lenguas! Que a nacionalista españolisto y fachoso no me gana un aprendiz! Ahora disculpa, me está llamando el cagatorio y hay categorías, Nexus tengo que discriminarte como interlocutor! Cuando termine te llamo para limpiar?

2 Buffito

O problema está en que para os mozos o galego non lles vale para nada. O problema é que está asociado a nacionalismo empedernido, á Galicia profunda, e que as referencias que pon este conselleiro lamentable son a lusofonía, ás favelas, a recollida de plátanos en Mozambique, etc. A ver se se dan de conta os pijos que a pobreza é moi fea, e non é referente de nada. O problema está en que loitan cotra un xigante como español, que é moito mais útil e fai pasar menos traballos á xente como instrumento de comunicación; o problema está en que o galego perdeu o tren hai moitos anos, é imposible que o recupere porque apenas ten cultura escrita, carece en absoluto de ciencia ou técnica, posúe un vocabulario limitado, etc. Y entre un carro e un tractor, cos traballos que había que pasar cos carros, que si era moi bonito como cantaban, a xente elixe progreso, calidade de vida, non fasticia o corpo e elixe tractor.

1 xos

Moi ben Buffito, moi ben. Todos os tópicos nun párrafo. Ademáis do desprezo por mozambiqueños e brasileiros. Moi ben. En realidade, que escribades en galego a xente coma ti, é todo un éxito.

2 Vicente

Coincido contigo em que pra muita gente o galego aparece associado a temas negativos (o diagnóstico é bom, haverá que encarar algum jeito de reverter essa imagem). Agora, não poderia coincidir contigo nessa fantasia de que o espanhol é uma língua de riqueza e a lusofonia de pobreza. Ambas são línguas encantadoras -se queres-, ambas falam-se basicamente em países "em vias de desenvolvimento", com recolhida de bananas etc ... e favelas hai-nas no Rio, em Buenos Aires, em Bogotá, e em Madrid, Sevilha e Nova York.

1 André

O problema é de conhecimento é de uso, a começar polo senhor conselheiro que o nega e a seguir polo governo ao completo.