Feijóo aposta por un pacto co PSOE para sacar 1.600 prazas en sanidade en 2017

Leiceaga critica a xestión da Xunta en materia sanitaria e Luís Villares lembra que houbo mortrs de pacientes que estaban agardando en corredores de hospitais

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/02/2017 | Actualizada ás 12:09

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que, se no marco da negociación da lei estatal de orzamentos, PP e PSOE "pactan" ampliar a oferta pública de emprego (OPE), Galicia está "en disposición" de sacar 1.600 prazas en 2017. De momento, de acordo coa taxa de reposición autorizada, convocaríanse 820.

Feijóo nunha intervención na cámara
Feijóo nunha intervención na cámara | Fonte: ep

"Veremos se hai orzamentos", trasladou ao portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, quen criticou con dureza a súa xestión en materia sanitaria e reclamou ao presidente a posta en marcha dun plan de estabilización do persoal sanitario na comunidade.

Feijóo replicou que, a pesar das dificultades da "crise", o persoal do Servizo Galego de Saúde (Sergas) aumentou nun mil efectivos con el á fronte da Xunta. Tamén se declarou "orgulloso" da sanidade pública e os seus profesionais a pesar dos axustes salariais, á vez que lembrou que agora se lles "reporá" a súa capacidade adquisitiva.

Tamén o portavoz de En Marea no Hórreo, Luís Villares, afeou a Feijóo o estado da sanidade, con exemplos como o "peregrinar" de mulleres "en condicións humillantes" a hospitais de Madrid a interromper o seu embarazo ou as "mortes" de afectados por Hepatites C, así como a recente morte dunha muller nos corredores de urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) ou o suicidio e unha agresión sexual no hospital psiquiátrico de Conxo.

En fronte, o presidente esgrimiu as estatísticas que reflicten "a mellora de todos os indicadores sanitarios" e reiterou a Villares os datos que ofrecera a Leiceaga, á vez que salientou as melloras nas infraestruturas sanitarias. "Señor deputado por Lugo, vaia pola provincia e compare", retou, tras aludir a Hospital Lucus Augusti e ao da Mariña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta