Temas: HUMOR CONSUMO

Avecrem lanza unha liña especial para gintonics

O novo produto conterá todas as merdas que os hipsters lle botan á xenebra.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 22/02/2017 | Actualizada ás 14:19

Comparte esta noticia

A empresa Gallina Blanca acaba de anunciar que lanzará unha nova gama de Avecrem destinada a amantes da xenebra. Segundo anunciaron nun comunicado consistirá nunha pastilla similar á que se lle bota á sopa pero destinada aos gintonics.

Avecrem Gintonic
Avecrem Gintonic | Fonte: temposgalegos.net

A pastilla levará xenebreiro, herba limón, cortezas de cítricos, xenxibre, pementa negra, follas de menta e noz moscada. Ás especias típicas que se mezclan no gintonic engadirán o típico caldo de polo e pita que caracteriza á marca.

Os técnicos alimentarios do departamento de I+D da empresa tamén indicaron que a pastilla disolverase perfectamente se se utiliza un axitador de platino iridiado de sete pulgadas aínda que, para unha correcta axitación, recomendan que toda a operación se faga ao ritmo dun vinilo de Aluna George que se reproduza nunha turntable (tocadiscos para os non hipsters) V.C. Verdier.

As reacción dende o mundo hipster non se fixeron esperar e xa se pronunciaron contra o novo produto de Gallina Blanca do que critican que non inclúa óso da soá na súa fórmula.

Temas: HUMOR CONSUMO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 lucas

que tontería! la culpa de todo esto la tienen las mareas. #FerreiroDimision.